Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O GRUPO POPULAR APOIA NO PARLAMENTO INSTAR AO GOBERNO CENTRAL A FACER REALIDADE O PLAN DE ACOLLIDA E INTEGRACIÓN DE REFUXIADOS DE ZONAS EN CONFLITO ·    “Falamos dunha Europa na que urxe que se poña en marcha un mecanismo de reparto dos refuxiados entre os países membros que permita facer fronte ao fluxo de chegadas”, afirmou Trenor Santiago, 24 de febreiro de 2016.- O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación no Parlamento dunha proposición non de lei a través da que se insta ao Goberno central a facer realidade o plan de acollida e integración de persoas refuxiadas procedentes de Siria e outros países en guerra ou conflito. O portavoz para Asuntos Europeos, Gonzalo Trenor, sinalou que, “aínda que a Unión Europea poida dar unha resposta rápida e adecuada, os estados membros non o están a facer”, polo que considerou necesario “actuar baixo os principios de solidariedade e responsabilidade, de xeito que Europa conta cunha política común, estable, duradeira e integral que dea resposta ás necesidades dos refuxiados”. “O que precisamos non é menos Europa, senón máis Europa”, sinalou Gonzalo Trenor, quen concretou que “falamos dunha Europa na que urxe que se poña en marcha un mecanismo de reparto dos…
O GRUPO POPULAR APOIA SOLICITAR A REBAIXA DO IVE AO 4 POR CENTO PARA OS PRODUTOS DE HIXIENE FEMININA ·    “Está claramente demostrado que a redución de tipos de IVE non é o mellor método para promover ante os consumidores determinados bens ou servizos”, indicou Santiago, 24 de febreiro de 2016.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento a aprobación dunha proposición a través da que se solicita ao Goberno central a rebaixa do IVE ao 4 por cento para os produtos de hixiene feminina. Porén, a deputada Jackeline Fernández considerou “falto de rigor” a demanda do Grupo Mixto para destinar o diñeiro recadado a través de impostos a estes produtos a proxectos sociais de apoio ás mulleres, xa que “a Lei Xeral Orzamentaria sinala que os recursos do Estado non poden estar afectados a fines determinados nin desempeñar o papel de subvención para un sector determinado”. Jackeline Fernández demandou aos grupos da oposición “deixar de lado a demagoxia e o carácter populista que suscita unha iniciativa deste tipo sobre un tema sensible para as mulleres”, polo que considerou necesario tratalo “con rigor desde unha perspectiva tributaria”. DESARMONIZACIÓN DO IVE “Propoñen unha desarmonización do tipo de IVE dos produtos de…
O PARLAMENTO APROBA SOLICITAR Á XUNTA A EXECUCIÓN DA REFORMA DO TRAMO PONTEVEDRA-CURRO DA ESTRADA PO-531 ·    Moreira lembrou que nos últimos anos leváronse a cabo distintas obras de mellora nesta estrada, como a actuación no ‘No de Bombeiros’ en Pontevedra ou a mellora do aglomerado na curva de Curro Santiago, 24 de febreiro de 2016.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a licitar a execución da reforma do tramo Pontevedra-Curro da estrada PO-531, priorizando os puntos máis necesarios para a mellora da seguridade viaria. O deputado do Grupo Popular Jacobo Moreira lembrou na súa intervención que o proxecto de mellora da estrada PO-531 “naceu do consenso acadado polo actual Goberno galego e os veciños en 2010, logo de varios anos de protestas ante o deseño efectuado polo anterior Goberno bipartito”. UN PASO MÁIS “Desde o Grupo Popular consideramos que é o momento de dar un paso máis e instar desde o Parlamento á Xunta de Galicia para que execute estas obras demandadas polos veciños e que permitirán mellorar considerablemente a seguridade viaria”, apuntou. Jacobo Moreira lembrou que a Xunta de Galicia efectuou ao…
O PARLAMENTO GALEGO APROBA A PROPOSTA DO GRUPO POPULAR PARA QUE A XUNTA REFORCE OS TRÁMITES PARA INCLUÍR O CÓDICE CALIXTINO NO REXISTRO DE MEMORIA DO MUNDO DA UNESCO ·    Esta iniciativa parlamentaria pretende reforzar o acordo tomado polo Consello Xacobeo, o pasado 13 de decembro de 2015, de tramitar a inclusión desta obra no citado rexistro Santiago, 24 de febreiro de 2016.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta de Galicia a propiciar contactos con institucións e organizacións políticas, sociais e culturais que apoien e reforcen os trámites a realizar para acadar a inclusión do Códice Calixtino no rexistro de Memoria del mundo da Unesco. O deputado do Grupo Popular César Fernández salientou que o Códice Calixtino “é unha obra artística, literaria, musical e tamén identitaria, un manuscrito transcendental, excepcional e fulcral, un anaco moi destacado da nosa propia historia que forma parte do patrimonio cultural galego e que, polo tanto, é merecente do máximo recoñecemento e divulgación internacional”. “Dende o Grupo Popular consideramos que chegou o momento de afondar na valoración desta importante peza bibliográfica, non só en Galicia e no…
O acordo tamén inclúe a apertura dunha mesa de diálogo para abordar o mantemento dos postos de traballo na nova empresa concesionaria do transporte de residuos urbanos de SOGAMA O GRUPO POPULAR APOIA NO PARLAMENTO INSTAR Á XUNTA PARA QUE A INSPECCIÓN DE TRABALLO PRIORICE A DETECCIÓN E DENUNCIA DA EXPLOTACIÓN LABORAL Santiago, 23 de febreiro de 2016.- O Grupo Popular apoiou esta tarde a aprobación no Parlamento dunha moción a través da que se insta á Xunta de Galicia para que un obxectivo prioritario da Inspección de Traballo sexa detectar e denunciar a explotación laboral. O acordo incorpora, ademais, solicitar a apertura dunha mesa de diálogo na que estean presentes representantes da Xunta, da nova empresa concesionaria do transporte de residuos urbanos de SOGAMA e dos traballadores da antiga empresa concesionaria deste transporte co obxectivo de que se manteñan os postos de traballo como mínimo coas condicións salariais e laborais actuais. A viceportavoz do Grupo Popular, Cristina Romero, acusou aos grupos da oposición “de querer repetir as políticas que aumentaron en 3,5 millóns o número de parados, as que levaron ao peche de 200.000 empresas ou á destrución de 1.400 empregos diarios”. “Cando o Partido Popular chegou ao Goberno…
O alcalde de Cerdedo, Silvestre José Balseiros, e o alcalde de Cotobade, Jorge Cubela, trasladaron hoxe ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a vontade de iniciar o proceso de fusión de ambos os dous concellos pontevedreses; unha decisión que Feijóo aplaudiu como exemplo da “boa política” que antepón os intereses xerais dos cidadáns aos persoais.   “Felicito aos veciños de Cotobade e de Cerdedo, parabéns nesta nova fase, nesa gran alianza que permitirá que os veciños conten cun concello máis grande, con máis poboación, con máis ingresos, con máis servizos e con menos gastos burocráticos. O pobo merece ter un concello que quede blindado no mapa municipal de Galicia e de España”, aseverou.   Durante a súa intervención, Feijóo asegurou que este municipio quedaría blindado pola súa importancia demográfica, pola súa importancia territorial e por ser produto dunha fusión derivada da “boa política e de poñer os intereses dos veciños por riba dos cargos”. “Unha fusión –engadiu- que contribúe a facer unha Galicia máis viable desde o punto de vista administrativo e máis forte e máis segura desde o punto de vista do autogoberno”.   Deste proceso que se vai iniciar de xeito inmediato, o titular da Xunta destacou,…
O Parlamento galego aprobou hoxe a toma en consideración deste novo proxecto lexislativo O GRUPO POPULAR CONSIDERA A NOVA LEI DE ECONOMÍA SOCIAL “IMPORTANTE, ÚTIL E RELEVANTE PARA ESTIMULAR A CREACIÓN DE EMPREGO E DINAMIZAR O AUTOEMPREGO” Santiago, 23 de febreiro de 2016.- O Parlamento galego aprobou hoxe a toma en consideración do proxecto de Lei de Economía Social, un texto lexislativo “importante, útil e relevante que permitirá achegar solucións para incrementar a creación de emprego en Galicia e estimular a dinamización do autoemprego e do emprendemento enraizado no territorio que ten como protagonistas ás persoas”, manifestou a deputada do Grupo Popular Maite Cancelo. Na súa intervención, Cancelo salientou que as empresas do sector da economía social “sitúan as persoas por riba do capital, teñen un funcionamento democrático, aplican os beneficios a mellorar os servizos prestados ou a calidade do entorno, e funcionan con autonomía dos poderes públicos e doutras institucións”. Así mesmo, engadiu que “proporcionan empregos estables e de calidade para os traballadores, aseguran a vinculación e permanencia no territorio e teñen demostrado ser mais resistentes á crise que as empresas baseadas na propiedade do capital”. “Desde o Partido Popular apostamos por fortalecer, consolidar e garantir a autonomía das…
O PARLAMENTO APROBA A LEI QUE PERMITE LEVAR ADIANTE PROXECTOS PÚBLICOS DE URXENCIA OU DE EXCEPCIONAL INTERESE ·    O portavoz de Ordenación do Territorio criticou a AGE porque “para vostedes canto peor, mellor, porque teñen algo en contra da xeración de emprego?” ·    Salientou o respecto á autonomía local, xa que se o Concello “considera que o proxecto non é interesante, ten a potestade de informalo desfavorablemente e a Consellería arquivará o procedemento” Santiago, 23 de febreiro de 2016.- O Parlamento galego aprobou hoxe, cos votos favorables do Grupo Popular e Grupo Socialista, a Lei de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou de excepcional interese, “que vai permitir resolver un problema que na actualidade ten Vigo pero que poden padecer calquera dos outros 313 concellos galegos”, manifestou o portavoz popular de Ordenación do Territorio, Jaime Castiñeira. Esta nova lei ten como obxectivo principal dar unha resposta inmediata para evitar que proxectos públicos de interese ou de excepcional interese, que actúan como cauces vertebradores da igualdade social e impulsores do crecemento económico de Galicia, poidan quedar frustrados. Na súa intervención, Jaime Castiñeira lamentou a negativa de AGE a incorporar o texto desta nova lei como emenda á Lei…
PUY SITÚA A APROBACIÓN NO PLENO DE MAÑÁ DA NORMA PARA PROXECTOS URXENTES OU DE EXCEPCIONAL INTERESE COMO “O ÚLTIMO PASO LEXISLATIVO PARA RESOLVER O PROBLEMA DE VIGO E DOUTROS CONCELLOS GALEGOS” ·    Respecto da declaración de Mariano Rajoy como persoa non grata polo Concello de Pontevedra, o portavoz popular avogou por “falar de cousas máis relevantes e que afectan máis directamente ao benestar dos galegos, que saben apreciar todo o que o Goberno de Rajoy fixo tanto por Galicia como por Pontevedra” Santiago, 22 de febreiro de 2016.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe que o debate para a súa aprobación do proxecto de Lei de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou de excepcional interese suporá “o último paso lexislativo para corrixir un problema xurdido na actualidade en Vigo pero que deixa unha solución garantista e legal para todos os concellos que teñan un problema semellante”. Pedro Puy informou que na sesión plenaria de mañá tomará posesión o novo deputado do Grupo Popular, Ambrosio Oróns Baña, que vén cubrir a vacante deixada polo novo alcalde de Noia, Santiago Freire. NOVOS MEMBROS EN CONTAS E UNIVERSIDADE DE VIGO A continuación, o Pleno procederá á…

Síguenos nas redes sociais