Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Santiago, 14 de abril de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que a Estratexia galega de impulso á biotecnoloxía 2016-2020 prevé un investimento mobilizado de 200 millóns de euros para facer de Galicia un referente neste sector. Desa cantidade, segundo especificou, 125 millóns proveñen de fondos públicos e 75 millóns de capital privado mobilizado. Trátase de máis do dobre de financiamento co que contou o sector no período 2012-2015, concretamente, un 117% máis. Así mesmo, Feijóo especificou que neste último período activáronse 92 millóns de euros para apoiar a biotecnoloxía, centrados fundamentalmente nos proxectos de innovación empresarial apoiados por programas como o Conecta Peme, o Interconecta, as Unidades Mixtas de Investigación e as distintas aceleradoras; no respaldo á compra pública innovadora; no apoio aos organismos de investigación; nos diferentes programas do Igape; e no financiamento mediante capital risco. Para este ano 2016, o investimento público-privado sitúase nos 37 millóns de euros Os obxectivos da Estratexia Como indicou Feijóo, o camiño cara ao recoñecemento internacional do noso sector biotecnolóxico pasa por tres obxectivos fundamentais: crear 30 novas empresas biotecnolóxicas en Galicia nos vindeiros cinco anos, un 15% máis das preto de 220 que temos hoxe; sumar, entre…
Santiago, 14 de abril de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, celebrou hoxe a sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea que avala o tax lease español fronte ao recurso presentado por Holanda contra este sistema de financiamento na construción de buques, e considerou que, grazas a esta decisión, “hoxe o sector naval ten máis seguridade xurídica e ten máis despexado o seu futuro”. O mandatario galego asegurou que a sentenza feita pública hoxe polo alto tribunal da UE “pon fin aos recursos” e, polo tanto, “traslada que o sistema de tax lease español é conforme á lexislación europea”. Isto supón, engadiu, que todos os contratos, tanto para os estaleiros como para os armadores, son agora contratos seguros que “están blindados” por esta decisión xudicial que esgota a vía xurisdiccional no ámbito europeo, dixo. Segundo recoñeceu, este preito cos estaleiros holandeses “causou danos moi difíciles ao sector naval durante 24 meses” como consecuencia desta denuncia de Holanda e da decisión do Comisario da Competencia. Por todo iso, Feijóo quixo felicitar ao sector por esta “boa nova” e por “ir unidos” xunto coa Administración pública, a Avogacía do Estado e as comunidades autónomas.
APROBADO EN COMISIÓN O DITAME DO PROXECTO DE LEI DO PATRIMONIO CULTURAL, PASO PREVIO PARA O SEU DEBATE DEFINITIVO EN PLENO ·    Baamonde cualificou de “traballo positivo” o debate en ponencia, que deu como resultado a aceptación de 66 emendas dos grupos da oposición, así como outras 16 transaccionadas Santiago, 14 de abril de 2016.- A Comisión 4ª do Parlamento galego aprobou hoxe o ditame do proxecto de Lei do patrimonio cultural de Galicia, co que o texto lexislativo queda en disposición da súa aprobación definitiva en sesión plenaria. O portavoz de Cultura, Agustín Baamonde, subliñou que a nova lei “da resposta ás necesidades actuais do patrimonio cultural”, simplificando a normativa existente, mellorando a xestión dos bens culturais e asegurando a súa protección”. Agustín Baamonde valorou como “traballo positivo” a tramitación deste proxecto de lei na ponencia, que deu como resultado a aceptación de 66 emendas dos grupos da oposición(17 do Grupo Mixto, 12 de AGE, 27 do BNG e 10 do PSOE) e outras 16 transaccionadas. UNIFICA TRES LEIS “O novo texto lexislativo simplifica a regulación legal sobre patrimonio cultural que existe na actualidade, xa que unifica as leis de patrimonio cultural de 1995, a de protección dos Camiños…
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe no Pleno que cumprir co déficit permitirá seguir apostando polo talento innovador, con 200 novos contratos para mozos galegos investigadores, e investir 120 millóns de euros para dotar Galicia de máis e mellores infraestruturas educativas públicas. En resposta ás preguntas dos grupos parlamentarios, Feijóo precisou que no Consello da Xunta de mañá xoves, se aprobará unha achega de “120 millóns para facer –dixo- máis colexios e para mellorar os institutos, os centros de educación primaria e a formación profesional”. E subliñou tamén que o Goberno seguirá apostando polo talento galego a través de 200 novos contratos de mozos no ámbito da innovación, do desenvolvemento e da investigación neste mes de abril. Ao longo da súa intervención, o titular da Xunta garantiu o compromiso do Goberno galego coa Educación lembrando que na Comunidade hai máis profesores por alumno que no resto de España; as universidades son as máis asequibles do país; e Galicia conta con máis prazas de formación profesional que cando comezou a crise económica. “E para reter o talento aprobamos unha Lei de universidades e de innovación, unha Lei de emprendento, seguiremos co Programa Oportunius e presentamos á Unión…
13. abril. 2016.-  La Comisión de Fomento del nuevo Congreso surgido tras el 20 D ha aprobado hoy, con la única oposición de En Marea-Podemos, una iniciativa del Grupo Parlamentario Popular en la que se ratifica el compromiso de la Cámara Baja con la “necesidad de continuar impulsando las actuaciones necesarias para que se haga realidad el proyecto de autovía A-76 entre Ourense y Ponferrada”. En la votación, la iniciativa obtuvo el respaldo de los 31 diputados de PP, PSOE y Ciudadanos, se abstuvieron 4 (ERC, DL, Compromís y PNV) y votaron en contra los 8 diputados de En Marea-Podemos. La iniciativa fue impulsada conjuntamente por los diputados populares de las provincias de Ourense, Lugo y León, Miguel Ángel Viso y Celso Delgado,  Joaquín García y Jaime de Olano y Eduardo Fernández y María del Carmen González Guinda, y fue defendida por el ourensano Celso Delgado, que recordó que esta vía, con una longitud total de 125 kilómetros y que tiene un presupuesto estimado de 1.110 millones de €, es prioritaria para la vertebración de los territorios. Según dijo, “el proyecto de la autovía A-76 entre Ourense y Ponferrada es de gran importancia para la mejora de las comunicaciones entre…
O PARLAMENTO GALEGO APROBA A INICIATIVA DO PPDEG PARA QUE A XUNTA ESTENDA O PROGRAMA DE CRIBADO DO CANCRO DE COLON A TODAS AS ÁREAS SANITARIAS DE GALICIA ·    “A tendencia epidemiolóxica do cancro colorrectal amosa que seguirá a ser un tumor de gran impacto na poboación, cun aumento do número de casos fronte a unha diminución da mortalidade e un aumento da supervivencia a cinco anos”, dixo ·    O programa galego de cribado do cancro colorrectal iniciouse en 2013 en Ferrol e recentemente estendeuse a Ourense Santiago, 13 de abril de 2016.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, co único voto favorable do Grupo Popular, a proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a estender de xeito progresivo o programa galego de cribado de cancro colorrectal a todas as estruturas de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde. O portavoz popular de Sanidade, Aurelio Núñez Centeno, afirmou que estes programas de cribado “poden contribuír a reducir nunha terceira parte a mortalidade por esta enfermidade”. Núñez Centeno explicou que o cancro colorrectal é o tumor maligno de maior incidencia en España, con cifras que oscilan entre os 28.500 e os 33.800 casos novos por ano,…
Este programa deberá contar cun itinerario de inserción, formación para o emprego e actuacións de apoio á conciliación O PARLAMENTO DEMANDA Á XUNTA, A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR, ELABORAR UN PROGRAMA DE INSERCIÓN LABORAL PARA MULLERES VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO ·    A portavoz de Igualdade, Rosa Oubiña, salientou a importancia da “inserción laboral das mulleres que teñen sufrido violencia machista, que lles permita iniciar unha nova vida independente, libre de violencia e lonxe do ámbito do seu agresor” Santiago, 13 de abril de 2016.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita á Xunta a elaboración dun programa de inserción laboral para mulleres vítimas de violencia de xénero que conte cun itinerario de inserción, formación para o emprego e actuacións de apoio á conciliación. “Esta medida complementará todas as que se veñen poñendo en marcha desde a aprobación da Lei galega de violencia de xénero en 2007, que permitiron crear un sistema de atención ás vítimas moito máis integral e moito máis completo do que tiñamos”, apuntou a portavoz de Igualdade, Rosa Oubiña. Na súa intervención, Oubiña salientou a importancia da “inserción laboral das mulleres que teñan…
O PPDEG DEMANDA Á OPOSICIÓN QUE NON FAGA UN USO PARTIDISTA ROMPENDO O CONSENSO CO QUE SE APROBOU A LEI POLA IGUALDADE DE TRATO E NON DISCRIMINACIÓN DAS PERSOAS LGTBI ·    A deputada popular subliñou que, desde a aprobación desta lei en 2014, os distintos departamentos da Xunta traballan na súa aplicación, polo que moitas das demandas do PSOE xa se están desenvolvendo” Santiago, 12 de abril de 2016.- A deputada do  Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo demandou aos grupos da oposición “non facer un uso partidista rompendo o consenso” co que se aprobou a Lei pola igualdade de trato e non discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais (LGTBI), porque “irá en detrimento deste colectivo”. Neste sentido, reiterou que desde o Partido Popular “consideramos inadmisible a desigualdade de trato ou discriminación de calquera galego ou galega por razón de sexo ou orientación sexual”. Rodríguez-Vispo lembrou que “Galicia foi a primeira comunidade autónoma que contou cunha Lei específica para as persoas LGTBI, que veu cubrir o baleiro existente neste tema”. “Desde a súa entrada en vigor, os distintos departamentos da Xunta traballan na súa aplicación, polo que moitas das demandas presentes na moción do Grupo Socialista xa se están desenvolvendo”,…
O GRUPO POPULAR CRITICA QUE O PSOE REXEITE UN ACORDO CONXUNTO PARA A PROMOCIÓN DAS FUSIÓNS VOLUNTARIAS DE CONCELLOS GALEGOS ·    O deputado Jacobo Moreira rexeitou que a fusión “parta dunha imposición”, polo que avogou por “deixar a iniciativa aos concellos no exercicio da súa autonomía local” ·    No caso de Cerdedo e Cotobade, apuntou que terán ingresos adicionais de 1,5 millóns de euros nunha lexislatura, ademais dun menor custo burocrático e aforros na contratación conxunta de servizos e subministros Santiago, 12 de abril de 2016.- O deputado do Grupo Popular, Jacobo Moreira, criticou hoxe que o Grupo Socialista rexeitara hoxe no Parlamento un acordo conxunto a través do que se insta á coordinación entre a Xunta de Galicia e ás Deputacións Provinciais galegas para a promoción dos procesos de fusión voluntaria de concellos galegos, así como a promover a sinatura de convenios coas universidades galegas para a emisión de informes e estudos técnicos que faciliten unha mellor valoración da conveniencia e viabilidade dos municipios interesados en fusionarse. Jacobo Moreira rexeitou que o proceso de fusión dos concellos “parta dunha imposición”, polo que avogou por “deixar a iniciativa aos concellos no exercicio da súa autonomía local, incentivando a aqueles que…

Síguenos nas redes sociais