Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2016.- O líder dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que hoxe se comeza a deseñar o partido do ano 2020. Así se expresaba o dirixente na presentación formal da súa candidatura para optar á presidencia do PPdeG, que tivo lugar esta tarde coa entrega das firmas requiridas ao presidente da Comisión Organizadora do XVI Congreso autonómico, Miguel Tellado.  O presidente manifestou que quere que a súa candidatura sexa útil ao partido e á Galicia destes tempos xa que, segundo dixo, hai que volver empezar dende o principio para presentar un proxecto útil, cun partido máis aberto, actitudes novas e con humildade. E é que Feijóo lembrou que a Galicia do ano 2006 e a do 2012 non era a mesma de agora e, en consecuencia, “toca facer unha proposta nova para un proxecto novo”. Así mesmo, salientou que o feito nos últimos anos foi útil para a nosa comunidade xa que hoxe a economía comeza  a crecer, o paro empeza a diminuír, os servizos públicos son máis potentes e, neste  2016, produciuse unha baixada dos impostos. “Galicia ten máis futuro que hai sete anos” aseveraba ao tempo que declaraba que, se a…
PUY CONTRAPÓN A CAPACIDADE DE INCREMENTAR O GASTO SOCIAL EN GALICIA FRONTE A OUTRAS COMUNIDADES CON ACORDOS DE NON DISPOSICIÓN DE GASTO E OBRIGADAS A CONTROLAR O DÉFICIT ·    Puxo de manifesto a “fonda contradición” existente nas Mareas e AGE entre a súa demanda de industrialización para Galicia e a oposición a proxectos como o polo industrial de avións non tripulados en Rozas, a ampliación de Citroën, o desenvolvemento da gasificación ou a construción de corbetas para Arabia Saudí ·    O Grupo Popular defenderá no Pleno a extensión do programa de detección precoz do cancro de colon a toda Galicia e a posta en marcha dun programa de inserción laboral para mulleres vítimas de violencia de xénero Santiago, 11 de abril de 2016.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, contrapuxo hoxe a capacidade de incrementar o gasto social en Galicia fronte a outras comunidades autónomas que deberán facer acordos de non disposición de gasto e nas que os ingresos extra do financiamento autonómico terán que dedicarse ao control do déficit. Puy referiuse á comparecencia do conselleiro de Facenda mañá no Pleno para informar do peche do exercicio de 2015 e o cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria e salientou…
Santiago de Compostela, 10 de abril de 2016.- O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, asegurou que o feito de que nin a oposición sexa quen de descartar que o PPdeG revalide a súa maioría absoluta nas vindeiras eleccións autonómicas é un bo punto de partida. Nunha entrevista concedida esta mañá á Radio Galega, o dirixente admitiu que o obxectivo de acadar outra maioría é difícil, pero lembrou que tamén o era en 2009 e lográrono, tal e como volveu ocorrer no 2012. “O que temos que facer é explicar o que fixemos, recoñecer os fallos que tivemos e dicir o que queremos facer”, engadía. No tocante aos posibles candidatos para substituílo como secretario xeral, Rueda aseverou que hai que esperar ata o Congreso autonómico do partido para coñecelos. Así, a diferenza doutras formacións, o mandatario apuntou que no PP non hai autodescartes e sinalou que esa decisión non será unha cuestión de apetencias persoais, senón que entre todos escollerán e apoiarán ao elixido. Por outra banda, o dirixente tamén afirmou que é unha realidade innegable que a corrupción ten feito moito dano á clase política, e recoñeceu que “seguro que nalgúns casos faltou contundencia”. Malia isto, o secretario xeral…
Santiago, 7 de abril de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe unha achega de 66 millóns de euros para incrementar as medidas de conciliación da vida familiar e laboral, que dean resposta a tres grandes retos: máis e máis diversos recursos de atención aos nenos para que os seus pais poidan traballar; promover a conciliación en determinados ámbitos, especialmente no ámbito empresarial; e que cada vez haxa unha maior concienciación social que garanta a maior calidade de vida das familias. Nun primeiro termo, e no ámbito dos recursos, Feijóo afirmou que “se chegará a un total de 22.316 prazas de garderías sostidas con fondos públicos para o próximo curso 2016-2017. “Isto supón 1.871 novas prazas financiadas con fondos públicos, é dicir, un 9% máis de prazas o próximo curso que o curso actual. E, supón tamén que Galicia supere a ratio recomendada pola UE que estaba no 33%, situándonos no 37,3%”, aseverou. Estas prazas estarán á disposición da poboación a través das escolas infantís de 0 a 3 anos, nas que se inclúen a rede de escolas infantís dependente da Administración autonómica, que oferta 9.700 prazas en 166 centros; as 119 escolas infantís e puntos de…
Santiago, 7 de abril de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que os cidadáns e as empresas galegas xa poden realizar tres de cada catro trámites da Xunta de xeito electrónico. Como sinalou, o Consello da Xunta autorizou hoxe unha orde do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para incorporar novos procedementos da Consellería de Infraestruturas e Vivenda. En concreto, véñense de revisar case un cento de procedementos da consellería, dándose de baixa 47 por estar obsoletos e incorporándose 48 á sede electrónica. Así, a partir de agora pasarán a estar preparados para admitir a súa presentación electrónica procedementos tan relevantes como o Rexistro público de demandantes de vivendas; o depósito de fianzas; a autorización de transportes de uso especial; a xestión da renda básica de emancipación; ou os movementos de terras. Nesta liña, o presidente destacou que, con estas novas incorporacións, a sede electrónica da Xunta xa dispón de 1.140 procedementos accesibles a través da web. Como lembrou, esta iniciativa enmárcase no Plan Achega, en marcha desde 2014, co que se simplifican e melloran todos os procedementos administrativos da Xunta, aforrando diñeiro e reducindo tempos de tramitación a cidadáns e empresas. Segundo…
Santiago, 7 de abril de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a aprobación, por parte do Consello da Xunta, da convocatoria de axudas para despregar redes de 100 megas en polígonos industriais. Como sinalou Feijóo, contar cunha conexión a Internet da máxima calidade é clave para acceder a moitos dos recursos que ofrece a rede de redes e precisou que esta é a primeira actuación do Plan de Banda Larga 2020, que prevé estender redes ultrarrápidas en zonas con alta demanda e que non teñen aínda cobertura. O mandatario destacou que esta actuación ten como obxectivo que o 90% da superficie empresarial ocupada en Galicia poida ter acceso a redes de 100 megas en ano e medio. Para isto, a Xunta conta cun orzamento de máis de 3,4 millóns de euros ata 2018, cofinanciados nun 75% por fondos Feader. En todo caso, estímase que se mobilicen en total máis de 5,2 millóns de euros. Con respecto a isto, Feijóo lembrou que hoxe, dos 164 polígonos industriais de Galicia, só 46 teñen xa acceso a redes de 100 megas e outros tres teñen previsto telos. Neste senso, indicou a medida aprobada hoxe oriéntase cara aos 115 restantes.…
Santiago de Compostela, 6 de abril de 2016.- O portavoz do populares galegos, Miguel Tellado, avanzou que o PPdeG deu comezo á organización do XVI Congreso autonómico co que o partido culminará o proceso de renovación iniciado hai sete meses coa súa ponencia política e que tivo continuidade en marzo coa celebración dos congresos provinciais. Así, o voceiro compareceu en rolda de prensa trala constitución oficial da Comisión Organizadora do conclave que tivo esta mañá unha xuntanza para comezar a tomar as primeiras decisións que dan inicio ao proceso congresual. Tellado anunciou que unha das determinacións acordadas é que os candidatos a presidir o partido poderán iniciar a súa campaña electoral no momento en que formalicen a súa candidatura. “Do que se trata é de fomentar a participación, que poidan recorrer Galicia para presentar o seu proxecto e facelo o máis dinámico posible”, dixo o portavoz. Así mesmo, o voceiro asegurou que xa teñen repasado o cronograma do congreso convocado o pasado sábado pola Xunta directiva do PPdeG e que agora están no prazo aberto -ata o próximo 18 de abril- para que calquera afiliado poida presentar a súa candidatura, sendo preciso acompañala tan só de 90 firmas dos 100.000…
A sesión plenaria da vindeira semana incorpora a comparecencia dos concelleiros de Economía e Industria, e de Facenda O PPDEG DEFENDERÁ NO PLENO ESTENDER O PROGRAMA DE DETECCIÓN PRECOZ DO CANCRO DE COLON A TODA GALICIA E FAVORECER A INSERCIÓN LABORAL DAS MULLERES VÍTIMAS DE VIOLENCIA ·    O Grupo Popular cuestionará ao Goberno galego sobre a pretensión da UE de prohibir a actividade da flota do arrastre en augas profundas en fondos superiores aos 800 metros e sobre a programación que a Xunta desenvolverá no marco da Feira do Libro de Bos AiresSantiago, 5 de abril de 2016.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana estender o programa galego de detección precoz do carcinoma colorrectal a todo o servizo galego de saúde e a posta en marcha dun programa de inserción laboral para mulleres vítimas de violencia de xénero. A sesión plenaria inclúe, ademais, a comparecencia dos conselleiros de Economía e Industria, para dar conta do desenvolvemento do polo tecnolóxico e industrial galego de avións non tripulados no aeródromo de Rozas en Lugo; e do conselleiro de Facenda, sobre o peche do exercicio orzamentario de 2015 e o cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria. Pedro Puy informou que…
Alberto Núñez Feijóo subliñou hoxe, durante unha visita ao centro de educación especial Coral Seoane en Ferrol, a creación neste 2016 de 25 novas prazas en centros de atención a persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA), a través dun investimento que ascende a 5 millóns de euros e que suma xa un total de 270 prazas públicas. “Queremos seguir acompañando o traballo que realizan asociacións como ASPANAES e centros coma este de Ferrol, para que os seus beneficios cheguen ao maior número de persoas posible”, aseverou. Máis polo miúdo, Feijóo concretou que destas 25 novas prazas: 9 serán para o centro que ASPANAES ten no Concello das Pontes; 12 prazas concertadas no centro Castro Navás da Fundación Menela en Nigrán; e 4 máis para o centro de día da Asociación BATA en Vilagarcía de Arousa. E resaltou que con estas novas prazas, os centros de ASPANAES en Galicia disporán este ano: no Centro de Día Coral Seoane, de 46 prazas concertadas en 2016; o seu centro de día das Pontes pasará de 25 a 34 prazas públicas; no centro de día de Culleredo, de 23 prazas públicas; e no de Villestro, en Santiago, de 16 prazas en 2016. Así…

Síguenos nas redes sociais