Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Santiago, 12 de maio de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a aprobación do proxecto de modificación da Lei da área metropolitana de Vigo, un instrumento que, segundo afirmou beneficiará aos cidadáns de Vigo e da súa área con máis e mellores servizos, con aforro de custes, con maior facilidade para acceder a programas e axudas, e coa posibilidade de facer unha planificación global do territorio e de asumir novas competencias doutras administracións.

Feijóo afirmou que ademais de ofrecer potencialidades para prestar máis e mellores servizos aos cidadáns, esta nova lei coloca a Vigo e a súa comarca á cabeza da cooperación intermunicipal en Galicia; “e que se configura como unha ferramenta útil para desenvolver de forma harmónica os 14 concellos, encabezados por Vigo, que conforman unha área dunha enorme importancia económica e, sen dúbida, dunha enorme importancia poboacional”.

Trátase dunha lei que xorde do consenso dos 14 concellos, “froito dun laborioso traballo por parte da Vicepresidencia do Goberno” e que “foi tramitada en tempo récord, cumprindo co noso compromiso e actuando con enorme responsabilidade”, explicou. Así mesmo, precisou que a súa entrada en vigor está condicionada a que o Concello de Vigo cumpra tamén a súa parte que comprometeu ante a Xunta e ante os outros 13 alcaldes que formarán parte inicialmente da área metropolitana.

O tmandatario sinalou que “en tan só tres meses a Xunta ten realizado, con maior axilidade e con maior premura, todos os trámites necesarios para que hoxe o Goberno lle dea o visto e prace definitivo e remita o texto ao Parlamento”, malia que o Concello de Vigo aínda non teña asinado coa Xunta e co resto dos concellos da área o Plan de Transporte Metropolitano. Como explicou Feijóo, chegouse á conclusión de que se non se aprobaba a Lei da Área Metropolitana de xeito inmediato non podería estar en vigor neste período de lexislatura. Por tanto, decidiuse actuar para que non se vexan prexudicados o resto dos concellos.

Os pormenores da Lei da Área Metropolitana de Vigo
Pola súa banda, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda afirmou que aprobando hoxe esta lei de consenso e remitíndoa ao Parlamento dáse “un paso de xigante” para culminar un proceso que se precipitou no último ano pero que xurdiu xa hai case vinte anos dunha iniciativa cidadá.

Ao longo da súa intervención, Rueda lembrou que, desde que se produciu o acordo cos concellos hai tres meses, axilizáronse ao máximo todos os trámites: sometendo o texto a exposición pública; contando con informes favorables de Igualdade e de Asesoría Xurídica; coa aprobación da Federación Galega de Municipios e Provincias, que agrupa a todas as entidades locais de Galicia, tanto aos concellos afectados como á Deputación de Pontevedra; e sumando así mesmo –aínda que non era obrigado-, o beneplácito do Consello Consultivo.

Así mesmo, precisou que as principais novidades do texto céntranse en dous aspectos: o modelo de gobernanza e as atribucións competenciais. En canto ao primeiro, o cambio fundamental é a adopción dun sistema de voto ponderado na Xunta de Goberno que se traduce en que o peso na toma de decisión será correlativo ao peso da poboación dos seus concellos, cun mecanismo corrector para evitar abusos de poder, xa que os acordos deberán contar co voto favorable de, cando menos, catro concellos.

Logo de resaltar tamén que as vicepresidencias pasan de dúas a catro; o vicepresidente da Xunta explicou que, no eido das competencias, o documento prevé un mecanismo áxil e efectivo para a cesión de funcións e servizos por parte doutras administracións, garantido que vaian acompañadas das achegas económicas precisas para o seu financiamento.

Por outra banda, e en relación á competencia en materia de transporte, facúltase a propia área metropolitana a establecer os criterios de coordinación entre o transporte metropolitano e os transportes urbanos de cada concello. E, para iso, créase un comité de coordinación integrado por tres persoas: unha en representación da Xunta, outra por parte dos concellos con transporte urbano; e outra en nome dos concellos que carecen del.

Rueda destacou, ademais, que a nova lei permite aos concellos abandonar a área se se constata que non se adheriron a ningún servizo así como xestionará de xeito flexible, coordinado e en todo o territorio metropolitano servizos tan fundamentais para os cidadáns como: a promoción económica, emprego e servizos sociais; turismo e promoción cultural; medio ambiente, augas e xestión de residuos; prevención e extinción de incendios; protección civil e salvamento; ordenación territorial; tecnoloxías da información; e a mobilidade e transporte metropolitano.

Sobre este punto, Rueda incidiu en que o Concello de Vigo segue pendente de cumprir o seu compromiso de integrarse no Plan de Transporte Metropolitano da Xunta, o cal era condición sine qua non pactada co resto dos alcaldes para que se puidese poñer en marcha a área metropolitana.

Con respecto a isto, Rueda puxo en valor a responsabilidade da Xunta que, ante a premura dos prazos e a posibilidade de que a lei poida non entrase en vigor se non se envía xa ao Parlamento para a súa tramitación, aprobou a lei, condicionando a súa posta en marcha efectiva a que Vigo cumpra o seu compromiso. Deste xeito, no texto engádese unha disposición adicional que establece que a efectiva posta en funcionamento da área metropolitana de Vigo requirirá a incorporación do Concello de Vigo ao Plan de Transporte Metropolitano de Galicia mediante a formalización do correspondente convenio.

Estrasburgo, 10 de mayo de 2016.- En un debate que tuvo lugar en Estrasburgo en el Pleno del Parlamento Europeo, el eurodiputado popular, Francisco Millán Mon, destacó la importancia vital que supone para la flota europea la conclusión de acuerdos pesqueros con terceros países y animó a la Comisión Europea a seguir en esta línea de alcanzar acuerdos que permitan pescar en aguas de otros países.

Millán Mon se refirió en primer lugar al acuerdo con Liberia, objeto del debate, y destacó que el atún es la principal especie objetivo. Respecto al acuerdo con Mauritania, uno de los más importantes que la Unión Europea tiene con terceros países y que fue también fue debatido ayer, el eurodiputado gallego lamentó una vez más la exclusión de la flota cefalopodera.

Además, expresó su deseo de que "los estudios científicos sobre el estado de los stocks de ciertas especies demersales estén listos para la próxima reunión de la Comisión Mixta que se celebrará a finales de mayo y que, en función de sus resultados, puedan concederse posibilidades de pesca para la flota arrastrera congeladora europea, tal y como se prevé en el protocolo".

Por otra parte, en otro debate celebrado ayer sobre "la trazabilidad de los productos pesqueros y de la acuicultura en los restaurantes y la distribución", el eurodiputado gallego insistió en la necesidad de que se cumpla la normativa europea vigente para asegurar la transparencia en el mercado y la trazabilidad de los productos. Asimismo destacó la importancia de los controles en los puertos de la Unión para evitar la entrada de importaciones procedentes de la pesca ilegal, no declarada y no reglamentada y las importaciones que no cumplan los estándares internacionales en materia sanitaria, medioambiental y laboral.

El eurodiputado popular también preguntó a la Comisión Europea sobre la fecha en la que prevé presentar su informe de valoración de la puesta en marcha de un etiquetado ecológico a escala de la Unión para los productos de la pesca y la acuicultura. Este informe sigue pendiente, como destacó el eurodiputado, pues tenía que haber sido presentado en enero del 2015.

Finalmente Millán Mon pidió a la Comisión Europea que estudiara una solución para evitar la confusión que puede originar en el consumidor la indicación obligatoria de la zona de captura “Aguas portuguesas", ya que ésta engloba también buena parte de las costas gallegas y de Andalucía.

 


PEDRO PUY ASEGURA QUE O PLAN ESTRATÉXICO “BLINDA O GASTO SOCIAL SEN SUBIR IMPOSTOS, INICIA A SENDA DE CRECEMENTO E REDUCIÓN DA DÉBEDA, E MANTÉN A SOLVENCIA DE GALICIA”



·    “É un dos instrumentos de control da acción pública máis interesantes dos que se dispoñen nun estado moderno”, asegurou



Santiago, 10 de maio de 2016.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, asegurou hoxe no Parlamento que o Plan Estratéxico para a economía galega 2015-2020 “blinda o gasto social sen subir os impostos, inicia unha senda de crecemento e redución do endebedamento, e mantén a solvencia da comunidade galega”. Puy destacou que o proceso de elaboración deste documento “foi o máis participativo que houbo en Galicia”, e recolle aportacións tanto da sociedade civil, os concellos, as universidades, os axentes sociais e dos grupos parlamentarios a través das propostas de resolución que se debaterán na sesión plenaria de mañá.



Pedro Puy explicou que o Plan Estratéxico “pretende mobilizar os recursos de forma non conxuntural, senón ao longo prazo, inxerindo á economía galega eficazmente no que é a Unión Europea e unha economía que tende á globalización, evitando a dispersión de esforzos”.



CERTIDUME AOS AXENTES ECONÓMICOS



“Estamos cunha planificación que serve para coordinar as actividades da administración; tomar o futuro en consideración; racionalizar as decisións en función dos medios e das competencias; controlar a actividade da organización, tanto cando actúa e polos resultados que pretende acadar no futuro; e aporta información e certidume aos axentes económicos, o que é bo para fomentar e potenciar o crecemento económico”, sinalou.



Ademais, o portavoz popular manifestou que se trata dun “documento vivo, que se vai renovando e modificando porque permite transparentar a acción política”. “É un dos instrumentos de control da acción pública máis interesantes dos que se dispoñen nun estado moderno”, asegurou.



Puy apuntou que o Goberno galego “trae este plan porque é coherente co que está a facer: está coordinado, pensa no futuro, as decisións que se adoptan son racionais e axustadas aos medios e as competencias que ten a administración, leva anos aprobando normas de control do público e porque nos gusta dar certidume aos axentes económicos”.



OPTIMISTAS PARA O CUMPRIMENTO DOS OBXECTIVOS



Na súa intervención, afirmou que os obxectivos do Plan Estratéxico “están enumerados e a situación actual permite ser optimistas” para o seu cumprimento. En concreto, sinalou que o plan sitúa un crecemento medio do PIB do 2,5 por cento para o período 2015-2020; a creación de máis de 100.000 empregos e reducir ao 10 por cento a taxa de paro; duplicar o gasto en I+D+I e elevar as exportacións; ou rebaixar a taxa de abandono escolar.



“O Plan Estratéxico ten soporte físico, tres tomos con máis de 700 páxinas, integrado a través de catro eixos de actuación que afectan a toda a acción administrativa: emprego e crecemento intelixente; benestar e cohesión social; crecemento sostible; e sociedade dixital e cultura; ademais dun quinto eixo transversal que é a modernización da administración”, explicou Puy.



Ademais, engadiu que “todo isto se desenvolve en 74 obxectivos estratéxicos e 21 obxectivos instrumentais para dar un impulso ao crecemento económico, partindo dun modelo que se basea na innovación e no capital humano para conseguir unha Galicia cohesionada social e territorialmente na que se siga creando emprego”.

Este Plan debaterase para a súa aprobación na sesión plenaria que se celebra esta semana



PEDRO PUY ASEGURA QUE O PLAN ESTRATÉXICO DA ECONOMÍA GALEGA DARÁ UN IMPULSO AO CRECEMENTO E Á GARANTÍA DA IGUALDADE E O BENESTAR




Santiago, 9 de maio de 2016.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, asegurou hoxe porque o Plan Estratéxico da Economía Galega 2015-2020, que esta semana se debaterá para a súa aprobación no Pleno do Parlamento, dea “un impulso aproveitando a saída da recesión, tanto ao que é a posibilidade de vivir cun salario estable e digno en Galicia, como aumentando o crecemento ao longo do tempo sen esquecerse da importancia de contribuír a que a nosa sociedade dispoña de servizos públicos básicos que garantan a igualdade e o benestar”.



Pedro Puy considerou o Plan Estratéxico como un documento “relevante e útil, porque establece unha diagnose da situación económica de Galicia e fixa as actuacións de futuro, que poderán ser levadas a cabo sexa quen sexa o que teña a obriga de executalo”.



RETOS E PRIORIDADES



En concreto, o portavoz popular indicou que o Plan Estratéxico realiza “unha análise sobre os retos e as prioridades que é fundamental levar adiante no período 2015-2020 desde o punto de vista do desenvolvemento socioeconómico de Galicia”. En concreto, apuntou que fixa as prioridades de actuación con obxectivos concretos, como a necesidade dun crecemento medio do 2,5 por cento do PIB, cifra que cualificou de “realista e acadable”.



Así mesmo, Puy sinalou que sobre esa base económica “se constrúe unha previsión do crecemento da renda das persoas baseada nunha maior produtividade da economía galega, que implicaría unha mellora do 5 por cento da renda dispoñible galega en relación coa nacional”.



“Tamén se establecen as liñas fundamentais cara ao futuro dunha economía na que o capital humano estea máis reforzado, de tal xeito que poidamos inxerirnos nunha  economía cada vez máis aberta no ámbito europeo e que tenda a abrirse nun mundo máis globalizado”, sinalou.



SUSCEPTIBLE DE SER MODIFICADO



Respecto da tramitación parlamentaria deste documento estratéxico, o portavoz popular recoñeceu que será “difícil que haxa un acordo absoluto sobre o conxunto do Plan”, a pesar de que “é susceptible de ser modificado conforme avanza o tempo e as prioridades se vaian cumprindo”.



Neste sentido, subliñou que se trata do documento, máis aló do que establece o Regulamento, ao que o Goberno e o Grupo maioritario teñen dado máis marxe para acadar acordos”. “Entrou na Cámara o 4 de febreiro, o debate en comisión coa comparecencia do conselleiro foi o 4 de marzo e, unha vez que se presentaron as propostas de resolución e pola súa capacidade por ser un documento amplamente transaccionable, estamos pechando acordos en base a esas propostas de resolución”, sinalou.


PEDRO PUY CONTRAPÓN A “IMAXE DE UNIDADE, ACORDO E COMPROMISO” AMOSADO POLO PPDEG NO CONGRESO COAS “DISPUTAS E TRIFULCAS INTERNAS” DOUTRAS FORMACIÓNS POLÍTICAS



·    Respecto do novo secretario xeral, Miguel Tellado, indicou que “se trata dunha persoa coa que estamos encantados de traballar” e amosouse seguro de que “vai ser capaz de cumprir coas funcións que se lle encomendaron”



·    Puy salientou a renovación levada a cabo na Xunta Directiva do PPdeG, que afecta a case a metade dos membros, cunha maior presenza de mozas e mozos, e máis mulleres



Santiago, 9 de maio de 2016.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, contrapuxo hoxe a “imaxe de unidade, acordo e compromiso” amosada polo Partido Popular de Galicia no Congreso celebrado esta fin de semana en Ourense coas “disputas e trifulcas internas existentes noutras formacións políticas de ámbito galego que van competir con nós por ser os partidos maioritarios”. “O PPdeG está traballando para ofertar un programa e un goberno estables para o futuro de Galicia, cunha ampla coincidencia en que este proxecto ten que seguir adiante e estar encabezado por Feijóo”, apuntou.

Pedro Puy amosou a “satisfacción” do Grupo Parlamentario Popular polo desenvolvemento do Congreso Rexional do PPdeG, “no que persoas deste grupo tiveron participación directa tanto na elaboración das comunicacións como polo feito de que un compañeiro do Grupo asuma a responsabilidade da Secretaría Xeral do PPdeG”.



Respecto da elección de Miguel Tellado como novo secretario xeral do PPdeG, Puy afirmou que se trata dunha “persoa coa que estamos encantados de traballar” e sinalou que “todo o grupo parlamentario se puxo á súa disposición e seguros de que vai ser capaz de cumprir coas funcións que se lle encomendaron”.



UNIDADE E ESTABILIDADE



O portavoz popular salientou a renovación levada a cabo na Xunta Directiva do PPdeG, que afecta a case a metade dos membros, cunha maior presenza de mozas e mozos, e máis mulleres. En concreto, referiuse ás catro vicesecretarías xerais, “das que que tres son mulleres, e que tratarán de preparar ao partido para os importantes retos que teremos a partir das vindeiras semanas con dous procesos electorais”.



“O Congreso demostrou que o PPdeG, con independencia de intereses, de procedencias xeográficas e de posibles ambicións que cada un poida ter na carreira política, é un partido que está funcionando de xeito unido e que está traballando para ofertar estabilidade e un programa e un goberno estables para o futuro de Galicia”, afirmou Puy. Neste sentido, amosouse convencido de que “a sociedade saberá apreciar esta situación, en contraste co que está a ocorrer con outras forzas políticas”.



O portavoz popular engadiu que “no PPdeG hai un consenso amplísimo de que o Presidente Feijóo está a facer ben as cousas e está a desenvolver unha boa labor de Goberno na peor etapa da autonomía pola magnitude dos problemas aos que nos tivemos que enfrontar”.



Así mesmo, afirmou que o Congreso demostrou “a unidade e a forza dun partido que sabe cales son os seus principios, a súa función de defender os intereses dos galegos e mellorar a economía para restablecer a igualdade e o benestar social”. Ademais, apuntou que o PPdeG constitúe “un conxunto de persoas que pensamos que o Estado autonómico e a estabilidade institucional e política son un ben polo que hai que traballar duro para mantelo despois das eleccións autonómicas”.



Pedro Puy fixo referencia á importante repercusión que o Congreso do PPdeG tivo nas redes sociais, destacando o labor dos máis de cen voluntarios que traballaron para que esta celebración estivera sete horas no top 20 nacional e tres horas no top 10, ao tempo que se realizaran máis de 700 tweets durante a intervención do domingo do Presidente Feijóo. 

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2016.- O novo secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, revelou como o presidente do partido, Alberto Núñez Feijóo, lle transladou o ofrecemento de substituír a Alfonso Rueda como número dous do partido: "Recibo unha chamada do presidente pasadas as doce da noite, recibín a encomenda e o que lle dixen foi 'ás túas ordes'". 

Así o contou esta mañá nas súas primeiras entrevistas concedidas á Radio Galega e á Televisión de Galicia, onde aproveitou para apuntar como logo de darlle a nova, o presidente lembroulle que tiña dous retos: as eleccións xerais de xuño e preparar unha campaña electoral para as eleccións autonómicas do outono.

Tras recoñecer tamén que foi unha auténtica sorpresa e que non agardaba ser o elixido, asegurou que é unha honra e un orgullo que o presidente pensara nel para substituír a Rueda, ao que consideraba insubstituíble e que deixou o listón moi alto.

Segundo dixo, asume o cargo con ilusión e responsabilidade: “é un reto porque somos o primeiro de Galicia, a maioría dos galegos confían en nós para xestionar o seu futuro e temos 100.000 afiliados. Agardo estar a altura da confianza do presidente e de todos eses militantes aos que non lles podemos fallar”. Así mesmo, admitiu que é un traballador máis dentro do proxecto do partido, ao que cualificou como un é un grande equipo. 

Xa no que se refire ás vindeiras eleccións autonómicas, Tellado advertiu que hai dúas alternativas: “ou un goberno sólido, unido, único do Partido Popular con Alberto Núñez Feijóo ao fronte, ou unha amalgama de partidos que só teñen unha cousa en común: que non queren que goberne o PPdeG. Nós o que queremos é darlle a Galicia estabilidade".

Tal e como dixo onte Feijóo, o novo secretario xeral do PPdeG asegurou que teñen tres prioridades: “Galicia, Galicia e Galicia”, ao tempo que manifestaba que non lle poden fallar nin á comunidade, ni aos afiliados, nin aos simpatizantes, nin á maioría dos galegos.

 “Temos entrado nun período no conxunto do Estado no que as maiorías absolutas non existen, son algo excepcional e que consideramos un valor engadido”, afirmaba á vez que salientaba que a estabilidade política de Galicia é a que permite estabilidade institucional, crecemento económico e  -o que considera máis importante- crear emprego.

“Vemos como en distintas cidades de Galicia onde non hai maioría, hai desgoberno”,  afirmou facendo referencia a Ferrol, A Coruña e Santiago, ademais de insistir en que os populares queren un goberno centrado nos problemas da xente e non do propio goberno.

Do mesmo xeito, Tellado declaraba que, pese a que aínda quedan cousas por facer, “hoxe hai esperanza e futuro cando antes só había crise económica, desemprego e inestabilidade. Por iso queremos camiñar cara diante e non volver cara atrás”. 

"A nova dirección dos populares galegos é un equipo renovado. Feijóo tirou da canteira do partido para buscar xente que estamos nesa xeración dos 40 anos. E creo que iso é un pouco a clave do éxito do PPdeG. Moitos dicían no 2006 que coa marcha de Manuel Fraga o PPdeG non tería futuro”, indicou. Así mesmo, apuntou que a clave de éxito do presidente Feijóo foi a renovación permanente que levan acometendo nos últimos dez anos. “Eu creo que esa renovación é a que sitúa ao PP con posibilidades certas de repetir unha terceira maioría absoluta", concluíu.

De feito, o 44,6% dos membros do novo Comité Executivo debutan neste cargo.

Na clausura do Congreso autonómico do PPdeG

Feijóo converte a honra de presidir o PPdeG no compromiso de non deixar de traballar “nin un minuto” por unha Galicia orgullosa de si mesma, do que fai e que ten o seu futuro só nas mans dos galegos

§ Indica que renovou o partido e renova o seu compromiso porque cómpre estar preparados para o que queda por diante: renovar Galicia

§ Dá a súa palabra de que “hoxe, coma sempre, traballarei ao máximo e pelexarei con todas as miñas forzas por Galicia”. “Imos traballar todos xuntos co obxectivo de dalo todo”, garante

Ourense, 8 de maio, 2016.- O presidente electo do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou hoxe que vai converter a honra de volver a liderar o partido na obriga e no compromiso de non deixar de traballar “nin un minuto” por unha Galicia orgullosa do que é, do que sente e do que fai, e que ten o seu futuro só nas mans dos galegos.

O líder do PPdeG agradeceu a confianza depositada nel por parte dos militantes e asegurou que sabe o que supón a responsabilidade de presidir o partido; de dar a cara polos 100.000 afiliados e ser o portador da ilusión e esperanza de tantos galegos; de manter o listón máis alto que o dos demais; e do reto de acadar o que ningún outro partido en ningún outro lugar acadou.

Feijóo pediu o apoio e implicación de toda a formación para seguir traballando “todos xuntos” por Galicia, tal e como sucedeu en 2009, en 2012 e como sucederá en 2016.

ORGULLOSOS DE GALICIA

Segundo Feijóo, en Galicia hai unha política responsable ante a frivolidade que afundiu o pasado e que agora quixo bloquear o futuro; hai un partido unido, democrático e autoesixente, que se renova e exerce un servizo público con humildade; hai un país que dá exemplo, que axuda e se une.

Por iso, o presidente do PPdeG reivindicou a política que se fai en Galicia e fixo fincapé en que non se xogou cos cartos dos cidadáns nin co seu futuro, senón que se xestionou con seriedade e sensibilidade. Así, a economía da comunidade crece e o paro baixa; o sector primario segue a ser prioritario; hai máis investimento e innovación; hai máis profesores, máis idiomas, máis tecnoloxía no ensino público; hai unha universidade accesible; hai máis hospitais públicos, centros de saúde e tecnoloxía sanitaria; hai máis servizos sociais; máis apoio a quen máis o precisa; maiores respaldos ás familias e menos e máis baixos impostos cada ano.

Con respecto a isto, Feijóo engadiu que, se ben noutros lugares non hai unidade, equipo, renovación, proxecto en positivo, estabilidade nin goberno, en Galicia si o hai grazas ao PPdeG. Nesta liña, sinalou que en España non hai maiorías, pero en Galicia si, e os populares vanse esforzar porque así siga sendo.

Por este motivo, afirmou que, malia que aínda quedan metas que acadar, Galicia non ten nada do que acomplexarse fronte a ninguén en España, nin nada que envexar nin que imitar. Por iso, amosouse orgulloso de Galicia e apuntou que sempre buscará mellorala pero non a cambiará por nada.

O presidente electo do PPdeG puxo a Galicia como exemplo e aos galegos como guías e, neste senso, reivindicou “máis Galicia” fronte a muros entre territorios, ideoloxías, partidos e políticos; fronte á soberbia, a preocupación e o egoísmo; fronte á irresponsabilidade, a frivolidade e o bochorno. Segundo Feijóo, “máis Galicia” é máis convivencia, máis futuro, pero tamén máis España.

UNHA GALICIA RENOVADA

O dirixente popular recoñeceu que Galicia avanzou e mellorou moito, pero iso só mostra que os populares son capaces de conseguir todo que queda por diante: unha Galicia que debe consolidar a súa recuperación; que debe funcionar como unha grande capital europea; que é o enlace de España con Portugal e de Europa con América; que se reinventa ao tempo que conta cos seus sectores tradicionais; que debe pechar o círculo das comunicacións para abrise aínda máis ao mundo; e unha Galicia que debe poñer en valor o seu patrimonio, xa sexa paisaxístico, natural, cultural e, sobre todo, demográfico.

Por iso, aposta por unha Galicia que apoie máis que en ningures ás nais e pais que deciden ter fillos e por iso quere unha Galicia que creza pola vía da innovación e da educación.

Por outra banda, o presidente electo do PPdeG indicou que renovou o partido –cunha renovación do Comité Executivo do 44,6%- e renova o seu compromiso porque cómpre estar preparados para o que queda por diante: renovar Galicia, para dar espazo a unha nova xeración de galegos; para identificarnos pola innovación e a tecnoloxía; para que o que nos identifica non sexa só algo do pasado senón parte do futuro; para non deixar de ser o que fomos e poder seguir sendo o que somos.

“Asumo hoxe este mandato co propósito de que Galicia se renove; é dicir, se prepare, se fortaleza e vaia por diante”, asegurou. “Fomos diante nas duras e temos que renovarnos para que Galicia vaia por diante tamén nas maduras”, abundou.

Feijóo concluíu dando a súa palabra de que “hoxe, coma sempre, traballarei ao máximo e pelexarei con todas as miñas forzas por Galicia”. “Imos traballar todos xuntos co obxectivo de dalo todo por Galicia”, sentenciou.

Apunta que o partido está preparado para as xerais e as autonómicas, para as que traballarán para ter o mellor resultado

Rueda, a Feijóo: “Ter sido o teu secretario xeral é unha honra que non esquecerei”

· “Alégrome de que teñamos ao mellor presidente e ao mellor candidato. É unha sorte que poidamos coller en outubro unha papeleta co nome de Alberto Núñez Feijóo” di

· Asegura que a elección de Tellado para sucedelo é un acerto xa que coñece o partido e sabe apreciar o traballo do que os defenden e dan a cara polas siglas do PP

Ourense, 8 de maio de 2016.- O xa ex secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, pronunciou hoxe o Informe de xestión da Executiva saínte, no seu último discurso antes de dar o relevo a Miguel Tellado como novo número dous do partido.

Rueda recordou cando Feijóo o invitou a comezar unha aventura que duraría dez anos e como aceptou porque percibiu nese momento que estaba diante de alguén disposto a ser valente, que sabía que era o momento de Galicia e dos galegos. “Iso é o que me convenceu de Alberto, e sigo vendo o mesmo”.

Así mesmo, recoñeceu a dureza dos primeiros momentos e dos primeiros resultados electorais, pero tamén amosou a súa satisfacción ao ver que as cousas empezaron a mellorar cada vez máis.

“Alégrome que sigas preferindo Galicia”, dixo referíndose ao máximo dirixente do PPdeG.

Pola contra, diferenciou a situación de unidade na que se atopan os populares fronte a partidos que buscan candidatos que pelexan entre si e se insultan, así como os que só se plantexan como gran obxectivo ter tres ou catro deputados para non desaparecer.

“Alégrome de que teñamos ao mellor presidente e o mellor candidato. É unha sorte que poidamos coller en outubro unha papeleta co nome de Alberto Núñez Feijóo”, afirmaba Rueda ao tempo que aseveraba que o partido está en forma e preparado para as eleccións xerais e autonómicas, para as que traballarán para ter o mellor resultado posible.

“Alberto, ter sido o teu secretario xeral estes anos foi unha honra que non se me vai esquecer. Agardo que perdoedes os meus erros, vos saiba devolver o voso cariño e que xuntos sigamos traballando, crendo neste partido e chegando a grandes éxitos”, dixo.

Rueda asegurou que pese a que pasaron dez anos dende que chegou ao seu posto a situación segue sendo difícil, “aínda que comparados cos outros partidos temos dereito a estar eufóricos”. Malia isto, recoñeceu que os populares non se comparan con ninguén, só con eles mesmos. “Queda moito por facer, pero dez anos despois o PPdeG ten que seguir saíndo a gañar”.

Tamén aproveitou a ocasión para agradecer á organización do Congreso, comités, comisións e plataformas “que son os que dedican horas de traballo para que todo saia adiante”.

O secretario xeral saínte non se esqueceu de NNXX, onde comezou a súa carreira en política e aos que definiu como a parte máis entusiasta do partido. Tampouco dos que dan a cara día a día: alcaldes, concelleiros, vogais e aos miles de afiliados do PPdeG. “Todos seguen aí, todos terán futuro, e sentir o seu apoio dez anos despois demóstrame que mereceu a pena o traballo feito”.

Xa referíndose a Tellado, dixo que o presidente, Alberto Núñez Feijóo, acertou plenamente co nomeamento. “Para ser secretario xeral hai que coñecer ao partido por dentro, interpretalo e saber apreciar o inmenso valor que ten o traballo do que nos defenden e dan a cara polas siglas do PP”. Así mesmo, definiuno como “magnífico” e “boa persoa” ao tempo que asegurou que terá a axuda de todos os presidentes provinciais entre os que se atopa el mesmo, como dirixente na provincia de Pontevedra.

“Ata sempre, aquí sigo e grazas de corazón “ concluíu.

Ourense, 7 de maio de 2016.- O PPdeG impulsará un proxecto político para Galicia renovado, coherente, realista e realizable para mellorar a calidade de vida dos galegos, abranguendo a todos os ámbitos de xestión, todos os colectivos e todos os territorios sen ningún tipo de exclusión.

Segundo recolle o manifesto “A Galicia do futuro: o camiño por percorrer”, os populares teñen agora a obriga de configurar un proxecto de futuro para o conxunto da cidadanía, que sexa inclusivo e que permita acadar un novo horizonte de oportunidades e de esperanza. Pero esa realidade debe ir acompañada de iniciativas e ideas renovadas, acordes cos novos desafíos que Galicia deberá afrontar no horizonte de 2020.

 Así mesmo, fronte ás propostas excluintes, de curto percorrido, ou de escaso espírito democrático, o PPdeG reitera a súa aposta de sempre polo galeguismo integrador e universal, que permitiu situar a Galicia entre as rexións con maior autonomía de Europa, un galeguismo que tamén enxalza e se enorgullece dos sinais de identidade que nos diferencian como pobo ao tempo que nos sentimos españois e europeos.

CRECEMENTO SOSTIDO ORIENTADO ÁS PERSOAS
Unha vez superadas as peores dificultades, é o momento de afrontar a recuperación económica co obxectivo de acadar un crecemento sostido do 2,5% anual do PIB na segunda metade desta década e reducir o desemprego na Comunidade a un 10%, o que sería unha economía ao servizo das persoas.

Para iso, Galicia completará a consolidación fiscal, cumprindo co obxectivo de estabilidade orzamentaria, reducindo a súa débeda paulatinamente e facendo fronte ás súas obrigas e pagamentos a provedores con axilidade.

Ademais, o conxunto da estratexia económica orientarase á mellora da renda das persoas, valorando novas posibles rebaixas de impostos en función da evolución dos ingresos da Comunidade Autónoma.

Por outra banda, os populares potenciarán a innovación e a internacionalización da empresa galega e promoverán a captación de investimento estranxeiro. Así mesmo, farase unha aposta polo emprendemento, que anime a posta en marcha de novas iniciativas e oportunidades, xeradoras de riqueza e emprego, con acceso preferente de pemes e microempresas a préstamos e microcréditos bonificados.

Xa en materia de infraestruturas, a segunda metade da presente década caracterizarase pola construción das estacións intermodais, tarefa que coincidirá coa posta en servizo do AVE que comunique Galicia coa Meseta. Continuarase apostando pola vertebración territorial e o fomento d mobilidade como elementos fundamentais na promoción da igualdade de oportunidades para todos a cidadanía e nese esforzo seguiremos impulsando o AVE, avanzando na integración dentro da alta velocidade da provincia de Lugo e da comarca de Ferrolterra, a través das liñas Ourense-Lugo e Ferrol-A Coruña.

Cómpre salientar que todas as propostas contempladas no ideario popular, sexan en materia de innovación, de internacionalización, de apoio ao investimento ou de dotación de infraestruturas, teñen un único obxectivo final: a creación de emprego, que debe ir da man do crecemento económico para ofrecer postos de traballo estables e de calidade.


CENTRADOS NO BENESTAR
O PPdeG continuará traballando para blindar o sistema sanitario, e seguirá defendendo a sanidade pública con máis tecnoloxía, con mellores infraestructuras e con máis prestacións, sempre cun obxectivo claro: mellorar a saúde da cidadanía galega.

O obxectivo é construír unha sanidade para as próximas xeracións, estable, segura, comprometida co benestar de todos e, responsable co uso dos recursos públicos.

Así mesmo, o PPdeG ten moi presente a calidade dos servizos sociais, e están convencidos de que a actuación para os vindeiros anos transcorrerá polos dous principais vieiros marcados nesta lexislatura: a loita contra a desigualdade social e a mudanza da tendencia demográfica. 

Para acadar ambicioso obxectivo de que Galicia sexa o mellor lugar onde nacer e onde vivir, os populares contan con dúas ferramentas chave: a Nova Axenda Social e o Programa de Apoio á Natalidade. Estas dúas iniciativas, xunto coa aposta decidida do Goberno galego por consolidar os avances conseguidos na implantación da Lei da Dependencia reforzando os servizos básicos e incorporando persoas usuarias ao sistema, serán os sinais de identidade da Galicia próspera, igualitaria e inclusiva que queremos para o futuro.

OS SECTORES ESTRATÉXICOS
Entre os obxectivos do PPdeG atópase continuar apoiando aos sectores estratéxicos da economía galega. Entre eles, destacan as iniciativas relacionadas co sector do mar, para o que os populares continuarán traballando en Europa coa fin de facer valer as súas propostas da man do sector e para que o marco regulatorio comunitario desta actividade teña en conta as particularidades e os retos deste medio en Galicia.

No tocante ao Consello Galego de Pesca, preténdese facer del unha ferramenta que sirva para fincar os piares de cada norma que saia adiante no sector marítimo-pesqueiro co obxectivo de conseguir un marco regulatorio sinxelo e aplicable.

Ademais, continuarase traballando en vías que permitan o relevo xeracional e seguirase reforzando o papel da muller dentro deste eido.

Tamén se prestará especial atención á pesca de altura e gran altura e ao marisqueo, ao tempo que se afianzará a presenza dos nosos produtos nos eidos da transformación e comercialización, facendo o traballo entre todos os elos da cadea mar-industria.

No que se refire ao medio rural, impulsarase o labor do PPdeG ao amparo do Plan de Desenvolvemento Rural 2014-2020 buscando fomentar a competitividade da agricultura galega mediante a modernización das explotacións agrícolas e forestais, incorporando á mocidade en explotacións orientadas ao mercado, ordenado o territorio e mellorando, polo tanto, a produtividade da industria agroalimentaria e forestal. Todo co obxectivo prioritario de mellorar a calidade de vida da poboación do rural, fomentando a creación de emprego e a prestación de servizos básicos que contribúan á fixación da poboación neste medio.

 A EDUCACIÓN PARA GAÑAR O FUTURO
A mellora da educación e o potenciamento da cultura galega constitúen dúas liñas estratéxicas do PPdeG para os vindeiros anos.

Para seguir mellorando en materia de educación precísase unha estabilidade normativa real, evitando as sucesivas remudas lexislativas, como as que se teñen producido ata o de agora. E ese estabilidade normativa pasa por contar cun Goberno estable e tal obxectivo só o pode garantir o Partido Popular co apoio maioritario da sociedade galega.

Ademais, adaptarase a oferta da Formación Profesional para que resulte máis acaída ás demandas de cualificación do noso sistema produtivo e apostarase por manter o apoio financeiro da Administración autonómica ao sistema universitario galego cun dobre obxectivo: mellorar a formación superior da nosa mocidade e potenciar a investigación.

En definitiva, restan aínda moitas por facer para completar a tarefa iniciada polos populares hai sete anos cando chegaron á Xunta pero quen mellor pode e sabe facelas é o PPdeG, a única forza política capaz de garantir a estabilidade, a unidade, a seguridade e a previsibilidade que debe ofrecer un Goberno para mellorar a situación dun país.

Os populares presentan “A Galicia de hoxe: o camiño percorrido”, un balance do traballo realizado dende que entraron no Goberno galego en 2009

Solvencia, estabilidade e blindaxe dos servizos públicos, eixos de actuación do PPdeG dende a Xunta de Galicia

· Os últimos datos dispoñibles din que o paro rexistrado no último ano reduciuse en máis de 20.000 persoas, cun PIB que medra ao 3,2% e a un ritmo case inédito

· Dende o 2016, estaremos entre as CCAA coa tributación máis baixa no IRPF e no Imposto sobre Sucesións

Ourense, 7 de maio de 2016.- O PPdeG foi quen de garantir coa súa xestión a solvencia e a estabilidade para Galicia blindando os servizos públicos esenciais e consolidando o crecemento. Así se pode comprobar no manifesto “A Galicia de hoxe: o camiño percorrido”, que os populares presentaron hoxe para facer balance sobre a situación actual e sobre todo o traballo realizado dende que o partido chegou á Xunta en 2009.

A blindaxe e o avance do gasto social teñen sido a folla de ruta do Goberno do PPdeG co obxectivo de por en marcha os mecanismos necesarios para saír da peor crise económica dos últimos anos e sen que iso levase parello ningún recorte nos servizos públicos esenciais: a sanidade, a educación e o benestar.

Cómpre salientar que a sanidade na nosa comunidade é pública, sostible e garantida a pesar das dificultades económicas. Así mesmo, contamos cun sistema sanitario con mellores resultados para a nosa cidadanía e cumpriuse co obxectivo de melloralo con mediadas como o desenvolvendo en toda Galicia da Xestión Integrada, dispoñendo dunha historia clínica electrónica e unha receita electrónica que son unha referencia ou incrementándose a actividade cirúrxica do Sergas.

Ademais, modernizáronse as instalacións: equipáronse e puxéronse en funcionamento os novos hospitais de Lugo e Vigo, continuouse co Plan Director do Complexo Hospitalario de A Coruña, iniciouse a ampliación do Hospital do Salnés e do Hospital de Ourense, actuouse en 36 centros de saúde, con outros nove en construción, e máis en proxecto. Deste xeito, en 2016 serán sete de cada dez galegos os que contarán na súa área de influencia cun centro sanitario novo ou renovado.

Xa no referente a educación, as políticas levadas a cabo polo PPdeG ao longo destes sete anos neste eido supuxeron unha auténtica transformación do ensino en Galicia. E é que o Goberno de Feijóo ten apostado claramente e a todos os niveis pola educación de calidade, como un servizo público fundamental na Comunidade Autónoma. Máis tecnoloxía nas aulas, máis centros plurilingües, taxas universitarias máis baratas de España e novos equipamentos educativos son exemplos do interese do PPdeG por protexer e mellorar o sistema educativo.

Á VANGARDA EN BENESTAR SOCIAL

Por outra banda, en canto ao benestar social, hoxe podemos dicir que Galicia é unhas as mellores rexións para vivir, con máis e mellores servizos públicos, onde a loita contra a pobreza e a desigualdade social é un dos obxectivos prioritarios. Nese senso, cómpre destacar que agora as políticas sociais contan cun 12% máis de orzamento que no ano 2015.

A este incremento orzamentario cómpre sumar as medidas incluídas no Plan Social Contra a Desigualdade Económica orientadas a outros colectivos vulnerables. Ademais, impulsáronse novas iniciativas de fomento da natalidade ata converter Galicia na comunidade con máis axudas neste senso e avanzouse no eido da conciliación da vida laboral e familiar para facilitar a aqueles que teñan decidido ser pais ou nais.

Así mesmo, tamén se incrementaron as prazas de maiores e persoas con discapacidade, aprobouse a Lei de Accesibilidade e somos a primeira Comunidade que conta cunha carteira específica para este colectivo.

A mellora que se produciu na nosa economía permitiu que o Goberno galego se centrara na consolidación do crecemento. Precisamente os datos do ano 2015 amosan esa tendencia, un ano no que Galicia creceu a un ritmo do 3,2% do PIB, o mellor dato dende o ano 2007.

Así mesmo, a nosa comunidade cumpriu o obxectivo de déficit, sendo ademais a que máis o ten reducido en 2015. E é que dende 2013, Galicia á a segunda autonomía con menos déficit acumulado e, grazas á xestión da Xunta, evitou ter 3.000 millóns de euros máis de débeda.

Precisamente pola mellora de ingresos, púidose levar a cabo a maior rebaixa fiscal da historia de Galicia e, dende o 2016, estaremos entre as comunidades coa tributación máis baixa no IRPF e no Imposto sobre Sucesións. Unha estratexia que ademais se completou cunha política de imposto cero no rural.

Así mesmo, os últimos datos dispoñibles din que o paro rexistrado no último ano reduciuse en máis de 20.000 persoas. E é que en Galicia o paro rexistrado é menor que en 2015, pero tamén menor que todos os anos anteriores, incluído 2010.

POLÍTICAS ACTIVAS DE EMPREGO

Neste cambio no mercado laboral ten moito que ver ter sido capaces de acometer as reformas necesarias para axudar ás empresas cando estaban en dificultades e, ao mesmo tempo, seguir apostado pola modernización dos sectores produtivos para mellorar a súa competitividade. Así, foi fundamental seguir desenvolvendo políticas activas de emprego co obxectivo de ofrecer ás persoas sen traballo máis e mellores ferramentas para mellorar a súa empregabilidade.

Precisamente neste contexto, a Xunta vén de aprobar a Axenda 20 para o emprego que, con 900 millóns de euros, pretende impulsar o emprego estable e de calidade para o novo modelo produtivo de Galicia, baseado no crecemento e no coñecemento.

Por outra banda, o Goberno do PPdeG tivo moi presente que para minimizar os efectos da crise e para preparar a nosa comunidade para sacar vantaxes da situación era necesario levar a cabo proxectos centrados no apoio aos sectores estratéxicos da nosa economía.

Nestes anos, non só se tomaron medidas de impulso económico senón que se apostou polo impulso territorial a través de accións centradas en garantir un crecemento sostible a medio e longo prazo. Así, a Xunta empeñouse en facer de Galicia un territorio mellor vertebrado e protexido.

Neste sentido, Galicia pasou de 313 a 520 quilómetros de autoestradas, autovías e vías rápidas en servizo ao final desta Lexislatura, con eixos que vertebran a Comunidade, melloran a calidade de vida e incrementan a seguridade.

Tamén se deu o impulso definitivo ao transporte metropolitano con plans en marcha na Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo e Vigo e o de Ourense moi avanzado, o que se traduce en 42 millóns de viaxes subvencionadas, beneficiando a 65 concellos. É dicir, un millón e medio de galegos e galegas xa se benefician de descontos.

Debemos sumar a estas medidas as encamiñadas a impulsar a vertebración tecnolóxica de Galicia como a aprobación do Plan de Banda Larga 2020 que permitirá cobertura de ao menos 30 megas para toda a poboación e de máis de 100 megas para núcleos de máis de 500 habitantes, incrementando así a calidade da conexión a Internet.

Xa para facer da comunidade un territorio máis protexido, salienta a aprobación dunha nova lei do Solo, realizouse o maior investimento da historia da Comunidade destinando máis de 1.000 millóns de euros a actuacións de saneamento, depuración e abastecemento; e deuse luz verde ao Plan Director da Rede Natura 2000, co que Galicia se situou á cabeza no cumprimento da directiva de hábitats.

Durante esta etapa deuse tamén cumprimento ao Decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia que recuperou o equilibrio entre o galego e o castelán ao tempo que introduciu o inglés.

A Galicia de hoxe atópase ás portas dunha decisión transcendental, na que os galegos terán que elixir entre optar por aventuras que camiñan cara á inestabilidade, o retroceso e a falta de iniciativas ou seguir camiñando pola senda das oportunidades que só veñen da man do Partido Popular de Galicia.

Página 7 de 22

Síguenos nas redes sociais