Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Puy afirma que “o punto de partida co que Galicia afrontou a crise do COVID 19 facilitou unha mellor e máis rápida reacción con medidas axustadas”

29 Abr 2020

Santiago, 29 de abril de 2020.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe na Deputación Permanente do Parlamento galego que “o punto de partida co que Galicia afrontou a crise do COVID 19, cunhas contas saneadas, cumprindo o déficit público e con capacidade de investimento e endebedamento, facilitou unha mellor e máis rápida reacción con medidas axustadas”.

Así mesmo, dixo que “temos que aproveitar con intelixencia esta situación excepcional como unha oportunidade para o futuro, con investimentos que promovan cambios para mellor, a través das novas tecnoloxías, o coidado do medio ambiente e no funcionamento do sector público”.

 

Na comparecencia do conselleiro de Facenda perante a Deputación Permanente, Pedro Puy sinalou que o Goberno galego “está traballando nunha crise que ten unhas características distintas, xa que se está a producir unha contracción ao mesmo tempo da oferta e da demanda”.

 

EFECTOS FISCAIS

 

“A crise ten efectos fiscais: o gasto sanitario se dispara; se facilitan medidas para mitigar as perdas de renda dos fogares galegos; se poñen en marcha actuacións dirixidas a dotar de liquidez ás empresas, a través de avais dos créditos bancarios ou con aprazamentos das obrigas tributarias; ou con axudas para o mantemento do emprego”, manifestou.

 

O portavoz popular indicou que “vivimos nun contexto de incerteza, tanto sobre a duración da pandemia, como do alcance das medidas sanitarias adoptadas e pola ausencia de antecedentes”. A nivel económico, lembrou as previsións do Banco de España sobre a baixa do produto interior bruto entre o 6 e o 13 por cento, un descenso que tamén está a ser avanzado por organismos como Funcas, o Fondo Monetario Internacional ou o BBVA. No caso da Comunidade galega, o Foro Económico de Galicia prevé unha baixada de entre o 5,6 e o 7,4 por cento do PIB, en función das semanas de dure o confinamento.

 

Na súa intervención, Puy salientou “a política económica desenvolvida pola Xunta de Galicia para minimizar custos económicos e sociais ás empresas e autónomos galegos”. Para iso, lembrou que puxo en marcha préstamos e avais para dar liquidez vía axilización de pagos ás empresas; o aprazamento das cotas de amortización dos préstamos formalizados coa  Xunta; a mellora do financiamento das pequenas e medianas empresas; a suspensión dos prazos das autoliquidacións dos impostos de patrimonio, xogo ou sucesións; a flexibilización do pago das taxas portuarias; ou as axudas para a reestruturación de fábricas para adaptalas á realización de produtos para combater o coronavirus.