Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Grupo Popular salienta o "compromiso patente" da Xunta co sector do automóbil

17 Mar 2017

Santiago, 16 de marzo de 2017.- A deputada do Grupo Popular Isabel Novo Fariña salientou hoxe no Parlamento o “compromiso patente da Xunta de Galicia co sector do automóbil, con apoios de máis de 100 millóns de euros nos últimos anos e traballando pola innovación, talento e emprendemento para que sexa máis competitivo”.

Isabel Novo lembrou os datos publicados recentemente polo Cluster de Empresas da Automoción Galega (Ceaga) que poñen de manifesto que en 2016 o sector medrou en facturación, en emprego, en investimento e en gasto en I+D. “O modelo de colaboración do sector galego é unha referencia a nivel internacional, a facturación do sector equivale ao 14 por cento do PIB de Galicia e as súas exportacións son o 29 por cento”, engadiu.

 

MAIOR COMPETITIVIDADE

 

Na súa intervención, a deputada popular sinalou que “esta maior competitividade e apoios permitiron a adxudicación dos novos modelos, que garanten unha década de plena actividade e estímase que as pezas para estes novos modelos ascenderán a 500 millóns de euros por ano e 250 millóns de carga de traballo”.

 

Novo referiuse, ademais, ao Plan Estratéxico da Automoción, “un documento dinámico e en permanente actualización, que se fixo de forma colectiva e apoiándose na participación activa de moitas persoas e profesionais”.

Síguenos nas redes sociais