Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Grupo Popular apoia fomentar e protexer a competitividade do comercio de proximidade

17 Mar 2017


Santiago, 16 de marzo de 2017.- O Grupo Popular apoiou esta tarde no Parlamento galego a aprobación dunha proposición non de lei dirixida a fomentar e protexer, dunha forma eficaz e duradeira, a competitividade do comercio de proximidade e, en especial, dos mercados e prazas de abastos de Galicia, de modo que sexan, non só canles da comercialización dos produtos locais e do país, senón tamén, beneficiarios das iniciativas que se desenvolvan neste sentido.

A portavoz de Comercio, Cristina Romero, salientou que as accións realizadas polo actual Goberno galego, como o plan Ágora-Recomercia ou o actual Plan estratéxico de impulso ao comercio de Galicia 2015-2020, “foron acertadas e isto reflíctese nas últimas cifras do comercio galego e nos 28 meses consecutivos que leva de crecemento de vendas”.

 

GALICIA, Á CABEZA

 

“No conxunto de 2016, Galicia sitúase á cabeza de vendas do comercio cun incremento do 8,8 por cento”, subliñou Romero, quen reiterou aos grupos da oposición que “os datos e os feitos amosan que o comercio de proximidade en Galicia non está desatendido”.

 

Respecto do comercio no rural, Cristina Romero lembrou a existencia dun programa de impulso aos espazos activos de emprendemento comercial no rural, cuxo obxectivo é apoiar aos concellos para a adecuación de instalacións de uso comercial e que os emprendedores poidan exercer nelas a súa actividade, tanto en prazas de abasto como noutro tipo de instalacións.

 

Neste sentido, explicou que vénse de publicar a segunda convocatoria deste programa, na que se priorizan as iniciativas que se desenvolvan nos concellos máis pequenos, así como as que incorporan máis espazos para a comercialización.

 

“Esta é outra das accións que amosan a aposta da Xunta por fixar poboación nas zonas menos poboadas de Galicia e aumentar as oportunidades laborais dos seus habitantes”, concretou a portavoz popular.

Síguenos nas redes sociais