Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Parlamento aproba demandar ao Goberno central que revise a aplicación da regra de gasto para adaptala á normativa europea

07 Abr 2017

Santiago, 7 de abril de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a proposta do Grupo Popular, demandar ao Goberno central que revise o deseño e aplicación da regra de gasto seguindo as normas aprobados na Unión Europea, tendo en conta o criterios de estabilidade orzamentaria e de sostibilidade financeira das administracións públicas. Para iso, defendeu que se constitúa o anunciado grupo de traballo para analizar a regra de gasto contida na Lei de estabilidade orzamentaria e sostibilidade financeira e adaptala á normativa europea.


Gonzalo Trenor considerou “evidente a necesidade de acometer medidas tendentes a favorecer a xestión orzamentaria daqueles concellos que teñan una situación de solvencia nas súa contas públicas, coa idea de poder ser mais eficientes  neste ámbito e adecuar a interpretación da regra de gasto á situación económica actual”.


NORMATIVA ESPAÑOLA MÁIS ESTRITA


Neste sentido, considerou que a regra de gasto “é unha boa guía de disciplina orzamentaria aplicable a nivel europeo”, pero salientou que a Lei de estabilidade orzamentaria e sostibilidade financeira española “é máis estrita que a normativa europea”.


Esta adecuación da lei española á normativa europea “permitiría de maneira inmediata que os concellos cunha situación financeira saneada podan utilizar e investir o seu aforro”. Deste xeito, Trenor defendeu “analizar e estudar a flexibilización dos requisitos e condicionantes destes investimentos coa finalidade de ampliar o grupo de programas de gasto considerados como investimentos financeiramente sostibles, para que se incorporen servizos básicos e esenciais de competencia local”.


“Esta adecuación e revisión non nos pode levar a repetir condutas do pasado e volver a situacións vividas coa anterior Lei de estabilidade que operou co Goberno socialista, cando se abandonou a disciplina fiscal para introducir unha importante marxe de discrecionalidade política que buscaba exclusivamente a maior flexibilidade para lexitimar maior déficit público”, anotou.

Síguenos nas redes sociais