O Parlamento demanda á Xunta o inicio en 2017 das obras da variante de Aradas en Santiago e o seu remate en 2019

18 Mai 2017 Written by
Rate this item
(0 votes)

Santiago, 16 de maio de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou esta tarde por unanimidade unha proposición non de lei, a iniciativa do  Grupo Popular, a través da que se insta ao Goberno galego a iniciar as obras da variante de Aradas en Santiago no ano 2017, co obxectivo de que estean finalizadas no ano 2019.


A deputada popular María Antón explicou que se trata dun viario de 1,6 quilómetros de lonxitude que suporá un investimento próximo aos 6,3 millóns de euros. “Coa súa posta en marcha evitarase que o tráfico, especialmente pesado, teña que transitar polo centro de Santiago, percorrendo un traxecto de máis de cinco quilómetros de viarios urbanos”, apuntou.


OPORTUNIDADE


María Antón sinalou que a aprobación desta proposición non de lei permite “reafirmar o interese do Parlamento galego por unha infraestrutura que consideramos vital para a cidade de Santiago e a súa contorna, pero tamén para o desenvolvemento doutras vilas pola necesidade que teñen de utilizar esta rede viaria como saída ou entrada dos seus produtos industriais e comerciais”.


Así mesmo, manifestou que a variante de Aradas “pode ser unha oportunidade para que o Concello de Santiago mellore as infraestruturas de servizos urbanos para os veciños afectados pola mesma”. Neste sentido, apuntou a necesidade de que na execución da obra “queden preparadas da mellor forma posible as diferentes infraestruturas como saneamento, abastecemento ou calquera outra necesaria para facilitar e mellorar o nivel de vida da veciñanza de Santiago”.


“Por esta razón, solicitamos que, o goberno da Xunta de Galicia coordine co Concello de Santiago esas posibles melloras en execución de obra, particularmente a mellora da rede de abastecemento para a zona por onde discorre a nova estrada”, concretou.

Read 41 times

Leave a comment

Síguenos nas redes sociais