María Antón Vilasanchez: A Consellería de Cultura remitirá en breve ao Concello de Lugo a proposta para a exposición pública do túnel aparecidio no cubo VI da Muralla Romana

19 Mai 2017 Written by
Rate this item
(0 votes)

Santiago, 18 de maio de 2017.- A deputada do Grupo Popular María Antón manifestou hoxe no Parlamento que a Consellería de Cultura remitirá en breve ao Concello de Lugo a proposta de convenio para a exposición pública dos restos do túnel que apareceu na escavación do cubo VI da Muralla Romana de Lugo. “Agardamos que o Concello non tarde outros cinco meses, como fixo no caso de dar a súa conformidade á solicitude da Consellería para musealizar estes restos arqueolóxicos, tempo no que a mesma Consellería foi quen de licitar dúas intervencións máis para a restauración dos cubos 19, 70, 71 e 80, por un importe superior aos 700.000 euros, o que amosa o compromiso da Xunta coa posta en valor deste patrimonio mundial”, indicou.


No debate na Comisión 4ª dunha proposición non de lei sobre as actuacións a realizar no túnel achado no cubo VI da Muralla de Lugo, María Antón subliñou que a Consellería de Cultura “xa ten decidido a conveniencia de non tapar os restos achados e documentados, polo que solicitou ao Concello de Lugo o pasado mes de setembro a súa conformidade para deixalos á vista”.


CINCO MESES


“A resposta do Concello coa súa conformidade tardou cinco meses en chegar á Consellería, coas cautelas que recollen os informes dos técnicos municipais relativas ás posibles conexións das instalacións da intervención ás redes municipais de electricidade ou saneamento”, apuntou.


A deputada popular indicou que “a Consellería de Cultura avanza a día de hoxe na proposta para consolidar estes restos e habilitar unha baixada de acceso restrinxido á cota da piscina, estando en estudo as alternativas para dotar á zona da máxima seguridade ao tempo que se visibiliza o recinto, proposta que ten previsto remitir en breve ao Concello para a sinatura do convenio que poña a disposición os terreos afectados”.

Read 425 times

Leave a comment

Síguenos nas redes sociais