O GPP salienta a creación de 198 novas prazas do Imelga para mellorar e garantir a protección das vítimas, en especial as de violencia contra a muller

19 Mai 2017 Written by
Rate this item
(0 votes)

Santiago, 19 de maio de 2017.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos salientou hoxe no Parlamento a creación de 18 novas prazas de psicólogo, traballador social e médicos forenses no Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) co obxectivo de mellorar e garantir a protección das vítimas, especialmente as vítimas de violencia contra a muller.


Neste sentido, Alberto Pazos defendeu na Comisión 1ª que o Goberno galego siga crear as prazas necesarias para contribuír a unha xustiza máis áxil e eficiente, ao tempo que se garante a asistencia psicolóxica ás vítimas de violencia de xénero cos diversos recursos que a Xunta de Galicia ten postos á súa disposición.


MODIFICACIÓN RELACIÓN POSTOS DE TRABALLO


O deputado popular lembrou que a Xunta de Galicia modificou o pasado mes de marzo a relación de postos de traballo da Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, engadindo 14 novos postos de traballo de psicólogo e traballador social no Imelga, o que supón un incremento dun 70 por cento do persoal de esta categoría destinado no Instituto.


“O obxectivo principal deste incremento de persoal é facilitar a valoración e elaboración de informes que lles sexan requiridos polos xuíces, como adoita suceder no ámbito penal nos procesos por violencia de xénero e doméstica, entre outros”, indicou.


Ademais, a estas 14 novas prazas súmase a creación nos orzamentos deste ano 2017 doutros catro novos postos de traballo no corpo de médicos forenses, que se sumarán aos nove que xa se crearon en 2015 e que supoñen un incremento do 25 por cento da plantilla de médicos forenses do Imelga.


Alberto Pazos subliñou que “o esforzo económico realizado polo Goberno galego para o incremento do persoal do Imelga é algo evidente, como se reflicte no orzamento de 2017 cun incremento de máis de 800.000 euros”.

Read 189 times

Leave a comment

Síguenos nas redes sociais