Tellado destaca a celebración “integradora” do Día de Galicia que defende o PPdeG fronte aos “nacionalismos secesionistas e populistas”

24 Xul 2017 Written by
Rate this item
(0 votes)

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, destacou a celebración “integradora” do Día de Galicia que defende o Partido Popular de Galicia fronte aos “nacionalismos secesionistas e populistas”.

Segundo Tellado, a intención desta formación política é “recuperar a celebración integradora do Día de Galicia” pois o PPdeG sinte a necesidade de defender a nosa identidade, máis aló dos actos institucionais,  porque “somos o primeiro partido de Galicia, representamos á maioría dos galegos e temos que reivindicar o galeguismo integrador e conciliador con outros territorios do Estado do que formamos parte importante”.

O número dous dos populares galegos afirmou ademais que “a nosa forma de entender e defender Galicia non é excluínte con nada. Ser galegos é a nosa forma de ser españois, non hai contradición algunha nesa dobre identidade que sentimos. Partindo de que Galicia é a nosa prioridade, non precisamos confrontar co Estado para sentirnos mellores persoas ou mellores políticos”.

ORZAMENTOS EXPANSIVOS EN 2018

Acerca das declaracións do presidente Feijóo revelando a filosofía do orzamento da Xunta de 2018, que será de novo expansivo e centrado na inversión e nos servizos públicos, Tellado apuntou que “Galicia vai ben, medramos ao 3%, o paro baixa un 10% ao ano e xa estamos nun contexto razoable de recuperación económica que se traslada ás contas públicas”.

Tellado destacou ademais que, a pesares da crise e dos orzamentos regresivos, hoxe “temos os mellores servizos sociais que nunca tivemos” e “máis prazas de política social que hai catro e que hai oito anos”, xa que o Goberno autonómico soubo priorizar e centrar o seu traballo na solución dos problemas dos galegos.

Ao entender do secretario xeral, a estabilidade política de Galicia permitirá á nosa Comunidade continuar pola senda da recuperación económica. E precisamente esa estabilidade é a que Tellado desexaría para o resto de España pois “é crucial para soster o crecemento económico”.

RUMBO ÁS MUNICIPAIS DE 2019

Preguntado acerca dos candidatos populares ás alcaldías nas vindeiras eleccións municipais, Tellado aseverou que “o PPdeG vaille dar unha volta ao panorama municipal en 2019 porque Galicia demanda solucións onde outros poñen problemas”.

Segundo Tellado, o PPdeG está saíndo á rúa a escoitar á xente e ás súas críticas aos gobernos municipais, polo que “imos facer unha oferta política á altura das circunstancias” para salvar situacións como as propiciadas por Suárez, Ferreiro e Noriega en Ferrol, A Coruña e Santiago respectivamente.

O popular incidiu na importancia de acertar coas persoas que representen o proxecto do partido en cada municipio e apuntou que gañar eleccións require un candidato con equipo, pero tamén “un proxecto serio para os concellos e a posibilidade de traballar coordinadamente con Administracións a todos os niveis”. Por último, afirmou neste senso que o PPdeG está traballando arreo para presentar un “proxecto serio e crible”. 

Read 181 times

Leave a comment

Síguenos nas redes sociais