Raquel Arias lamenta a “degradación” da situación política e social de Venezuela

23 Xul 2017 Written by
Rate this item
(0 votes)

Santiago, 23 de xullo de 2017.- A portavoz de Emigración do Grupo Parlamentario Popular, Raquel Arias, amosou esta mañá en Monforte a súa preocupación pola “degradación” da situación política e social que se está a producir en Venezuela e lamentou que a violencia e a violación dos dereitos humanos “sexa habitual” nun país co que “Galicia mantén un forte vínculo”.

Raquel Arias fixo estas consideracións coincidindo coa súa participación nun acto en lembranza das persoas falecidas nos enfrontamentos rexistrados nos últimos meses en Venezuela e que promoveron varios venezolanos residentes en Monforte.

APOIO E COMPROMISO

Arias expresou a súa solidariedade como pobo venezolano e salientou o “apoio e compromiso” do Goberno galego cos emigrantes retornados e cos cidadáns deste país residentes en Galicia. Así, destacou a modificación, por parte da Consellería de Política Social, dos criterios para a concesión das axudas de inclusión social e as axudas extraordinarias “xa habilitadas pola Xunta”.

A este respecto explicou que a Xunta ven de consignar unha partida de 600.000 euros destinada a paliar a situación da comunidade galega residente en Venezuela.

Unha axuda que se engade a outras que o Goberno galego ten en marcha para loitar contra o desabastecemento de alimentos, garantir o subministro sanitario e apoiar aos emigrantes retornados, tales como achegas directas individualizadas; convenios sociais e asistenciais con entidades que actúan alí; axudas ao retorno emprendedor; así como os programas específicos para a mocidade e maiores na diáspora, entre outros.

CUMPRIMENTO DE CONVENIO BILATERAL

Arias Rodríguez fixo mención tamén a unha recente proposición non de lei aprobada no Parlamento galego a través da que solicita ao Goberno central que promova as accións legais que sexan oportunas para que o Goberno de Venezuela cumpra o convenio bilateral de Seguridade Social entre España e Venezuela.

A iniciativa, segundo lembrou, ten como obxectivo garantir o pago do importe das prestacións dos pensionistas retornados, que “non cobran dende finais de 2015 cos conseguintes prexuízos que esa situación lles está a ocasionar”. Precisamente para compensar “no posible” esa situación, na iniciativa demándase ao Goberno español que facilite que estes pensionistas poidan recibir axudas sociais mentres non se resolvan estes problemas.

Read 324 times Last modified on Sábado, 29 Xullo 2017 08:58

Síguenos nas redes sociais