Tellado: “Hai máis paro do que nos gustaría pero menos do que lle gustaría á oposición”

02 Ago 2017 Written by
Rate this item
(0 votes)

Santiago, 2 de agosto 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, valorou os datos do desemprego relativos ao mes pasado nos que Galicia pechou xullo sendo a comunidade na que máis baixa o desemprego en termos absolutos e a segunda en termos relativos, e superando ao Estado no ritmo de caída en máis de 3,3 puntos. Logo de publicarse esta mañá as cifras, Tellado asegurou que “hai máis paro do que nos gustaría pero menos do que lle gustaría á oposición”.

Ademais de destacar a baixada intermensual, o número dous dos populares galegos tamén salientou que, con respecto ao ano pasado, xa encadeamos catro consecutivos de caída na evolución anual nun mes de xullo e situámonos en niveis de paro aos de hai 8 anos.

 

Así mesmo, Tellado precisou que Galicia non só sigue creando emprego, como demostra tamén o maior aumento das afiliacións producido nun mes de xullo desde o inicio da crise; senón que a calidade no traballo segue consolidándose, aumentando a contratación indefinida e a contratación a tempo completo.

 

RECUPERACIÓN DA ECONOMÍA

“Aos bos datos do desemprego hai sumarlle os da EPA, das exportacións, do PIB, ou do IPI, que demostran que a economía galega continúa recuperándose, amosando unha tendencia positiva que se reflicte cada vez máis na situación das familias galegas, que son a nosa máxima prioridade”, afirmou indicando que “a estabilidade política xera estabilidade económica e, á súa vez, a estabilidade económica xera emprego”.

 

Nese senso, Tellado lembrou que Galicia dispón xa dun novo límite de gasto non financeiro para o vindeiro ano, que se concreta en 9.487 millóns de euros, unha medida, que contribuirá a que Galicia siga medrando a bo ritmo en 2018, con máis emprego e menos endebedamento.

 

O secretario xeral tamén puxo en valor o labor da Xunta que segue traballando para mellorar as cifras do desemprego na Comunidade galega a través da Axenda 20, que está logrando máis oportunidades laborais para os nosos traballadores. De feito, avanzou que mañá mesmo o Goberno galego aprobará novas medidas encamiñadas a favorecer a cualificación e contratación, que se engaden así a outras xa activadas como os obradoiros e programas integrados de emprego, unidades formativas, cursos para desempregados ou o bono autónomo de 3.000 euros.

 

Read 529 times

Síguenos nas redes sociais