O GPP afirma que o SERGAS aumentará seis puntos a porcentaxe de persoal fixo na sanidade galega

11 Out 2017 Written by
Rate this item
(0 votes)

Santiago, 11 de outubro de 2017.- O portavoz de Sanidade do  Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, afirmou esta mañá no Parlamento que a execución do Plan de estabilidade no emprego e provisión de prazas do persoal estatutario do SERGAS, xunto coa finalización dos procesos selectivos en marcha con máis de 800 prazas convocadas, vai aumentar en seis puntos a porcentaxe que representa o persoal fixo sobre o total de persoal da sanidade galega, reducindo do 8 ao 5 por cento a porcentaxe de persoal eventual.

 


Aurelio Núñez subliñou a “aposta clara da Xunta pola estabilidade do emprego no sistema sanitario galego, con medidas de estabilización de persoal temporal e a convocatoria periódica de procedementos selectivos para a adquisición da condición de persoal fixo”.

 


PLANES DE PERSOAL

 


Neste sentido, lembrou o Plan de selección de persoal estatutario temporal do sistema público de saúde asinado coas principais centrais sindicais en 2016, que implica a utilización dun sistema de listas para a maior parte das categorías de facultativos; e o compromiso da Administración de desenvolver un procedemento de selección temporal de persoal facultativo especialista de área das distintas especialidades médicas.

 


O portavoz popular indicou que “hoxe hai traballo para a gran maioría das especialidades médicas en Galicia e en España”, destacando os problemas existentes para cubrir as necesidades de substitución en períodos de vacacións, baixas ou permisos en medicina de familia, pediatría ou anestesia.

 


PRAZAS DE MIR

 


Respecto das prazas de MIR, Núñez Centeno explicou que “se preparan en base a informes de planificación das necesidades a medio prazo, valorando as especialidades que son ou serán excedentarias ou deficitarias, pero sempre coa limitación do número de facultativos que pode formar cada servizo”.

 


En concreto, a Xunta ten solicitado ao Ministerio de Sanidade para o 2018 a autorización para convocar 394 prazas de

Read 120 times

Síguenos nas redes sociais