Martín Fernández: "Nunca ata o de agora ten habido un compromiso tan claro do Goberno de España co AVE a Galicia"

18 Out 2017 Written by
Rate this item
(0 votes)

Santiago, 17 de outubro de 2017.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, afirmou esta tarde no Parlamento que  “nunca ata o de agora ten habido un compromiso tan claro do Goberno de España co impulso do AVE a Galicia: temos unha data definitiva para a súa chegada no ano 2019 e temos tamén o compromiso de que será en dobre vía, o que é realmente importante e garantirá os mais altos estándares de calidade”.

 


Martín Fernández criticou que os socialistas galegos “veñan hoxe ao Parlamento reclamando a chegada do AVE a Galicia para 2018, cando se trata dunha cuestión imposible como consecuencia do bloqueo político sufrido durante o ano 2016 e do que son responsables”.

 


DAR A CARA

 


“O actual Goberno central está a dar a cara para explicarnos que Galicia contará con AVE á Meseta en 2019, con visitas do propio ministro a Galicia cada tres meses para explicar a marcha das obras; e co compromiso de que esta liña de alta velocidade será de dobre vía”, sinalou.

 


Neste sentido, lembrou que no recente Debate sobre o Estado da Autonomía aprobáronse dúas resolucións, coa abstención dos propios socialistas, a través das que se solicita ao Goberno central o cumprimento de todos e cada un dos compromisos con Galicia en materia ferroviaria, tanto no referente a que o AVE estea funcionando en probas no 2019 como no impulso das estacións intermodais das principais cidades galegas.

Read 95 times

Síguenos nas redes sociais