O PPdeG apoia qeu a Xunta faga xestións para a continuidade de Maderas Iglesias,S.A. e o mantemento do emprego

18 Out 2017 Written by
Rate this item
(0 votes)

Santiago, 18 de outubro de 2017.- O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación no Parlamento de Galicia dunha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a facer xestións ante a propiedade de Maderas Iglesias, S. A. coa finalidade de procurar a viabilidade e a continuidade da empresa, así como velar polos dereitos laborais e o mantemento do emprego nos centros de produción desta empresa en Porriño e Mos.

 


A deputada popular Maribel Novo Fariña lembrou que “estamos a falar dunha gran empresa que tivo sedes fóra de España e Europa e foi un referente no sector, pero que leva anos enfrontándose e arrastrando unha complicada situación que provén do estallido da crisis inmobiliaria”.

 


A FAVOR DO EMPREGO

 


“Queremos deixar claro e patente que no PPdeG sempre estamos e estaremos a favor do emprego, unha das principais preocupacións de calquera persoa, de calquera familia e primordial e fundamental para o actual Goberno galego”, sinalou.

 


Maribel Novo amosou a “sensibilización do PPdeG coa situación que están a vivir os traballadores da empresa Maderas Iglesias, S. A.”, polo que sinalou que “sempre estaremos abertos ao consenso, ao diálogo e á procura de solucións que manteñan a actividade económica nesta empresa e, en xeral, en toda Galicia”.

Read 158 times

Síguenos nas redes sociais