Moisés Blanco salienta que os orzamentos da Xunta para 2018 recollen máis de 500.000 euros para o Hospital de Valdeorras

23 Out 2017 Written by
Rate this item
(0 votes)

Santiago, 20 de outubro de 2017.- O deputado do Grupo Popular, Moisés Blanco, salientou hoxe que os orzamentos da Xunta de Galicia para 2018 recollan unha partida orzamentaria de 520.000 euros para actuacións no Hospital de Valdeorras, “unha mostra máis da aposta do Goberno galego polos hospitais comarcais e a mellora da atención sanitaria que reciben todos os veciños desta comarca”.

 


En concreto, Moisés Blanco dixo que “este investimento destinaranse, entre outras actuacións, á mellora da zona de consultas externas, do hospital de día, da cirurxía maior ambulatoria ou na creación de novas zonas de traballo na área de farmacia”.

 


“A Xunta cumpre cos seus compromisos de mellora do Hospital de Valdeorras, tal e como xa o anunciara o propio Presidente no recente Debate sobre o Estado da Autonomía”, sinalou o deputado popular.

 


Blanco afirmou que este investimento “bota abaixo os malos augurios daqueles que pregoaban o peche dos hospitais comarcais, e respalda a política sanitaria da Xunta de achegar e mellorar a atención sanitaria a todos os galegos, independentemente de que vivan nas grandes cidades ou nos pequenos concellos”.

Read 632 times

Síguenos nas redes sociais