Paula Prado asegura que a Lei de acompañamento permitirá novas baixas impostos, ampliar permiso maternidade e favorecer a protección e prevención forestal

21 Nov 2017 Written by
Rate this item
(0 votes)

Santiago, 20 de novembro de 2017.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, asegurou hoxe no Pleno do Parlamento que a aprobación da Lei de medidas fiscais e administrativas que acompaña aos orzamentos da Xunta para 2018 permitirá “poñer en marcha novas baixadas de impostos; ampliar o permiso de maternidade e paternidade para os empregados públicos ata as 22 semanas; ou favorecer  o cumprimento das esixencias legais por parte das administracións na protección e prevención forestal”.

 


Paula Prado reiterou que a Lei de medidas fiscais e administrativas “é absolutamente legal” e lembrou que “foi e é utilizada por outros gobernos nacionais ou autonómicos”. Nese sentido, demandou aos grupos da oposición para que “vexan nesta lei unha oportunidade para achegar as nosas propostas e chegar a acordos”.

 


MENOS IMPOSTOS

 


Máis en concreto, Paula Prado sinalou que a Lei de acompañamento “permitirá novas baixadas de impostos para dinamizar o medio rural e a actividade vencellada ao sector primario; fomentar a rehabilitación e o investimento en centros históricos; e tamén potenciar a compravenda de solo empresarial en mans das administracións, para dinamizar a creación de emprego e de proxectos”.

 


A viceportavoz popular afirmou que “todas as medidas que afectan aos empregados públicos recollidas nesta lei están consensuadas cos sectores afectados”, sinalando que o propio conselleiro de Facenda tense reunido persoalmente cos sindicatos para informarlles sobre o incremento da baixa de maternidade e paternidade.

Read 32 times

Síguenos nas redes sociais