O PPdeG avoga por analizar todas as propostas dos Grupos e a Xunta para consensuar medidas para un monte rendible, multifuncional e sustentable

21 Nov 2017 Written by
Rate this item
(0 votes)

Santiago, 21 de novembro de 2017.- O portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, José González Vázquez, avogou hoxe no Pleno do Parlamento porque “dentro do plan traballo da recentemente creada Comisión de estudo sobre a política forestal e a loita contra os incendios forestais se teñan en conta, ademais das medidas anunciadas pola Xunta de Galicia, todas as propostas de todos os grupos parlamentarios para consensuar unhas medidas que fagan o noso monte rendible, multifuncional e sustentable, contribuíndo deste xeito á dinamización do medio rural”.

 


No debate de sendas mocións dos tres grupos da oposición sobre a política forestal e os incendios, José González explicou que “moitas das súas propostas son coincidentes coas medidas propostas pola Xunta e o Grupo Popular”. Deste xeito, solicitou que “todos debemos traballar, xunto coas aportacións dos comparecentes, para acadar consensos que se plasmen nas conclusións definitivas desta comisión de estudo”.

 


DECISIÓN FIRME

 


“Desde o PPdeG estamos firmemente decididos a sacar adiante o traballo que se nos encomendou pola sociedade galega, que non é outro que facer política para resolver o problema dos cidadáns”, manifestou. Neste sentido, lamentou que tanto En Marea, como PSOE ou BNG “amosaran hoxe no Pleno que están máis preocupados por sacar un rendemento político inmediato á vaga de lumes do mes de outubro que por consensuar solucións que sirvan para sacar rendemento á nosa riqueza forestal e loitar contra os incendios”.

 


José González sinalou que a comisión de estudo “será o lugar idóneo para blindar a unidade de criterio e a unidade de acción no deseño dunha política forestal de país consensuada entre todos os grupos parlamentarios e a Xunta de Galicia, tanto no eido da prevención, como da ordenación e da dinamización”

Read 80 times Last modified on Martes, 21 Novembro 2017 16:29

Síguenos nas redes sociais