Marián García sinala á oposición que "se equivocan de inimigo se entran na triste dinámica de valorar e comparar o compromiso contra a violencia machista"

21 Nov 2017 Written by
Rate this item
(0 votes)

Santiago, 21 de novembro de 2017.- A portavoz de Igualdade do Grupo Popular, Marián García Míguez, asegurou hoxe no Parlamento que os grupos da oposición que “se equivocan de inimigo se entran na dinámica tan triste de valorar e comparar o compromiso contra a violencia machista de uns e doutros”. “Nós non dubidamos nin por un segundo da boa vontade de todos os grupos parlamentarios na loita contra a violencia de xénero”, manifestou.

 


Marián García indicou que “non quero entrar no xogo no que ten entrado algún grupo parlamentario nesa dinámica de intentar trasladar que hai xente á que non lles importa a violencia machista”, porque “a mensaxe que debemos trasladar á sociedade é que aquí estamos todos a unha contra os agresores machistas”.

 


VONTADE DE ATALLAR O PROBLEMA

 


“É irresponsable querer trasladar que, segundo quen goberne, hai máis ou menos vontade de atallar este problema, porque consideramos que é unha vontade compartida e unha política que ten continuidade estea quen estea n o goberno”, sinalou.

 


A portavoz popular afirmou que “nestes últimos anos avanzouse coa posta en marcha desde o Centro de Recuperación Integral ata a creación do Observatorio, pasando polo programa de inserción laboral ou o reforzo da rede de CIMs, así como o protocolo de coordinación entre institucións, a implicación da Policía Autonómica na defensa das vítimas, ou a introdución da formación en prevención da violencia machista nos currículos escolares e na formación dos empregados públicos”.

 


“Foron iniciativas do PPdeG que nos fixeron avanzar, como tamén nos fixeron avanzar outras que pactamos cos grupos da oposición como a modificación legal para a mellora das axudas a vítimas ou a postura común do Parlamento de Galicia sobre o Pacto do Estado contra a Violencia de Xénero”, sinalou García Míguez.

Read 192 times

Síguenos nas redes sociais