Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O PPdeG celebra que o PSdeG-PSOE pida xa uns Presupostos do Estado para o 2018 que inclúan a equiparación salarial dos corpos policiais

26 Xan 2018

Santiago,  26 de xaneiro de 2018.- O PPdeG celebra que o PSdeG-PSOE pide xa uns Presupostos do Estado para o 2018 que inclúan a equiparación salarial do Corpo Nacional de Policía e Garda Civil con outros corpos policiais. Neste sentido o Parlamento aprobou hoxe unha iniciativa socialista que incorporou unha emenda do PPdeG na que se solicita que os acordos do Ministerio do Interior coa Mesa técnica de negociación se reflexen nos Presupostos Xerais do Estado para o ano 2018.

 

O voceiro de Función Pública do PPdeG, Jacobo Moreira, recordou aos socialistas na súa intervención que “para que a equiparación salarial sexa real e efectiva require da correspondente dotación orzamentaria e se non hai poderemos ter pronunciamentos políticos moi ben intencionados pero non terán repercusión algunha na práctica.

 


 Deste xeito, o deputado popular aclarou inicialmente que non apoiar a emenda popular sería unha mostra de “fariseísmo político” xa que “querer a equiparación salarial e vetala negando o apoio aos Presupostos son dúas accións incompatibles”

 


Jacobo Moreira lamentou que tanto BNG  como En Marea non apoiaran a iniciativa e indicou que a reivindicación desta equiparación salarial é unha demanda de fai tempo “pero a pesar dos gobernos socialistas que houbo durante 21 anos foi un goberno do PP o primeiro que plantexou levala a cabo e o pasado 16 de xaneiro houbo un compromiso do Ministro con  esta financiación, incrementando as partidas dos próximos presupostos ata un límite de 1.500M€”.

 


Segundo o deputado popular “a realidade é que o PSOE non só non fixo nada senón que o único que aprobaron cando gobernaron foi reducirlles o salario a todos”.  “Nós si que queremos que o acordo sexa real e efectivo e para eso é preciso a correspondente dotación orzamentaria”, indicou o voceiro de Función Pública do PPdeG.

Síguenos nas redes sociais