Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Encarna Amigo salienta que Galicia ten a estabilidade laboral máis alta do sistema sanitario español

10 Abr 2018

Santiago, 10 de abril de 2018.- A deputada do Grupo Popular, Encarna Amigo, salientou esta tarde no Parlamento que Galicia ten “a estabilidade laboral máis alta do sistema sanitario español”, cunha taxa de eventualidade do 5 por cento, tres puntos por debaixo do 8 por cento establecido polo Ministerio de Sanidad para as comunidades autónomas.

 

 


Encarna Amigo explicou que, entre as medidas que está a adoptar a Consellería de Sanidade para paliar o déficit de profesionais médicos, figuran a convocatoria anual de ofertas públicas de emprego, a publicación de concurso de traslados aberto e permanente, a mellora das condicións laborais do persoal temporal, a posibilidade de vincular profesionais extracomunitarios ou a flexibilidade na idade de xubilación. “Medidas para dar máis estabilidade e mellorar así o sistema galego de saúde”, indicou.  

 


PRAZAS DE ACCESO A MEDICINA

 


A deputada popular recordou, tamén, que o Goberno galego asinou cos principais sindicatos profesionais o Plan de Estabilidade do Emprego e Provisión de prazas do persoas do SERGAS 2017-2018 e que, de aquí a 2020, hai unha previsión de aproximadamente 5.000 novas prazas.

 


Por outra banda, Amigo salientou que o número de prazas de acceso á titulación de Medicina “axústase sempre ás necesidades previstas”.


 

Neste senso, indicou que o número de estudantes a admitir no curso 2018/2019 consensuarase no Consello para a Coordinación da Docencia Clínica (que conta con representantes das Consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, de Sanidade, do SERGAS, dos hospitais universitarios e das tres universidades galega), quen emitirá o preceptivo informe ao respecto, polo que instou aos grupos da oposición a que deixen de “desgastar e confundir”.

 


Sobre a demanda de ampliación de prazas MIR para Galicia, Encarna Amigo explicou que o Goberno galego “atende ás recomendacións técnicas feitas polo SERGAS”, quen anualmente elabora un informe sobre a previsión das necesidades profesionais.

Síguenos nas redes sociais