Rodríguez-Vispo puxo de manifestou que “a complexidade do procedemento de valoración da discapacidade impide a resolución do recoñecemento do grao nos prazos establecidos na norma”, polo que expresou o obxectivo de reducir o número de expedientes actualmente pendentes de recoñecemento.
ENVELLECEMENTO E MÁIS BENEFICIARIOS
Así mesmo, a deputada lembrou o incremento de solicitudes de discapacidade rexistrado na Comunidade galega, “o que conleva unha importante demora na tramitación”. En concreto, explicou que este aumento das demandas responde ao progresivo envellecemento da poboación e ao incremento do número de beneficiarios, así como o aumento do número de solicitudes de revisión do grao de discapacidade.
“O Goberno galego está a facer as cousas ben e está dedicando a política social unha gran parte do orzamento, conseguindo nos temas de discapacidade políticas máis inclusivas e beneficios para todos os galegos”, apuntou.
Deste xeito, Rodríguez-Vispo subliñou que o número de expedientes pendentes de valoración se reduciron un 23,78 por cento desde o ano 2011, cando o Goberno galego implantou melloras para reducir o tempo de tramitación como o acceso á historia clínica electrónica, o reforzo a través de profesionais médicos ou a aprobación da carta de servizos.