Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

A voceira de Cultura demanda de novo "prudencia e paciencia para que a Comisión de Expertos remate as súas propostas sobre a devolución do Pazo de Meirás"

10 Abr 2018

Santiago, 10 de abril de 2018.- A deputada do Grupo Popular, María Antón, demandou de novo hoxe aos grupos da oposición no Pleno do Parlamento “prudencia e paciencia para esperar a culminación dos traballos da Comisión de Expertos e coñecer as súas propostas e estratexia para a devolución do Pazo de Meirás ao patrimonio público sen que lle custe un euro ao pobo galego”.

 

 


“O Grupo Popular esperará ás conclusións do informe que este Comité de Expertos traerá ao Parlamento, esperando o apoio, sen fisuras, de todos os grupos parlamentarios”, manifestou a deputada popular, quen considerou “necesario que esta comisión realice o seu traballo sen presións, libremente, sen directrices e con todos os medios á súa disposición”.

 


HIPOCRISÍA EN MAIÚSCULAS

 


María Antón demandou a En Marea que, “se considera que é urxente actuar, ten un camiño moi fácil: fágano a través do Concello de Sada, onde gobernan coa axuda de todos os grupos de esquerdas; ou desde a Deputación de A Coruña, onde teñen maioría”.

 


“A súa posición é dunha hipocrisía política maiúsculas, porque estanlle a pedir á Xunta que actúe segundo as conclusións do informe solicitado pola Deputación de A Coruña, pero vostedes que gobernan en Sada e teñen a maioría na deputación non o fan”, sinalou.

 

Deste xeito, indicou que se En Marea “están tan seguros das conclusións do informe da Deputación de A Coruña e de que o camiño que indica é o correcto, promovan unha iniciativa no seo desa institución para que a Deputación actúe xudicialmente”.

Síguenos nas redes sociais