Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O PPdeG salienta que o compromiso do Goberno central co AVE a Galicia amósase en que Fomento destine a estas obras o 50% dos 900 millóns previstos de investimento para 2018

11 Abr 2018

Santiago, 10 de abril de 2018.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, salientou hoxe no Parlamento que “o compromiso do Goberno central co transporte ferroviario en Galicia refléxase en que dos 900 millóns de euros consignados por Fomento no proxecto de orzamentos do Estado para 2018 para a Comunidade galega, máis do 50 por cento son para o ferrocarril”.

 

 


Deste xeito, Martín Fernández reiterou tanto a En Marea como PSOE que “apoien a aprobación dos orzamentos xerais, xa que neles aparecen as partidas específicas para a mellora ferroviaria en Galicia e a mellora da seguridade no Eixo Atlántico de alta velocidade”.

 


“O compromiso co AVE do Goberno central vén sendo reiterado en obras e orzamentos”, subliñou o portavoz popular, quen lembrou que “o propio ministro de Fomento ven cada tres meses a Galicia a dar conta dos avances, porque o obxectivo é que as obras do AVE estean rematadas a finais de 2019”. Neste momento, concretou que están executados o 80 por cento dos tramos e o resto atópase en obras.

Síguenos nas redes sociais