Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Parlamento apoia o manifesto da FREMSS para a flexibilización da obriga de desembarque das capturas realizadas pola flota da Unión Europea

13 Abr 2018

Santiago, 11 de abril de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou esta mañá unha proposición non de lei conxunta de todos os grupos parlamentarios a través da que se manifesta o apoio ao manifesto para a flexibilización da obriga de desembarque das capturas realizadas pola flota da Unión Europea, elaborado pola Fundación Rendemento Económico Mínimo Sostible e Social (FREMSS).

 

 


A portavoz de Pesca do Grupo Popular, Teresa Egerique, lembrou que “tanto o PPdeG como a Xunta sempre defendemos a necesidade de evitar progresivamente os descartes na pesca, en base a estudos rigorosos feitos especie por especie, caladoiro a caladoiro e buscando outras alternativas de pesca”.

 


MEDIDAS DE FLEXIBILIDADE

 


Egerique explicou que, “entre as medidas de flexibilidade que propoñemos ante esta prohibición están o alugueiro ou a compra de cota e o incremento de cotas para achegarse á composición das capturas, así como o establecemento dunha reserva comunitaria de capturas accidentais de cotas de pesca ou o uso de artes selectivas”.

 


“Para avanzar nesta cuestión, Galicia participa activamente na Mesa Estatal para a eliminación dos descartes creada polo Goberno central, na que se analizan plans de acción a desenvolver para minimizar os descartes e tamén obter o máximo aproveitamento deles”, sinalou a deputada popular. Ademais, apelou “á cooperación entre rexións con intereses comúns, de aí que Galicia xa participara en varias reunións con outras rexións afectadas, coma Bretaña ou Pays de la Loire, na preparación de accións conxuntas”.

 


MANIFESTO ACAÍDO

 


Respecto do manifestou que está a promover a FREMSS, Teresa Egerique considerouno “moi acaído e cremos que representa o sentimento do sector e tamén da Xunta de Galicia”. “Sabemos que ‘menos descartes, máis ingresos’ pode converterse en ‘cero descartes, cero ingresos’, polo que ou descartamos algún peixe ou teremos que descartar moitos pescadores”, indicou.

 


Deste xeito, a portavoz popular defendou o apoio a FREMSS “na súa defensa dunha flexibilización real e efectiva da norma de obrigación total de desembarque, postura na que tamén sabemos que está o Goberno galego e que veu defendendo na propia xestación da norma, conseguindo xa daquela que a postura ríxida dun principio tornase nunha aplicación paulatina que dese aire”.

Síguenos nas redes sociais