O Parlamento insta á Xunta a defender a pesca no marco europeo diante dos retos que se abren para o sector marítimo

16 Abr 2018

Santiago, 13 de abril de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou esta mañá unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a desenvolver unha política de actuación na defensa da pesca no marco europeo diante dos retos específicos que se abren para o sector marítimo pesqueiro e que nos leve a seguir pormenorizadamente os trílogos no marco europeo para tratar de evitar que as normas de eliminación de descartes e de medidas técnicas e de control se afasten das demandas galegas.

 

 


O deputado Alberto Pazos avogou por “continuar facendo valer a postura do sector pesqueiro galego en calquera das instancias nas que se toman decisións que afectan á nosa frota”.

 


COLABORACIÓN

 


Neste sentido, lembrou que a Consellería do Mar “ten manifestado a necesidade de colaborar entre as distintas rexións afectadas pola práctica dos descartes pesqueiros, co obxectivo de camiñar pola defensa dunha maior flexibilización ante a política europea de descartes cero”.

 


Alberto Pazos salientou o proposición non de lei aprobada no último Pleno, co respaldo unánime de todos os grupos parlamentarios, a través da que se manifesta o apoio ao manifesto para a flexibilización da obriga de desembarque das capturas realizadas pola flota da Unión Europea, elaborado pola Fundación Rendemento Económico Mínimo Sostible e Social (FREMSS).

Síguenos nas redes sociais