O PPdeG acusa aos socialistas de pretender “pasar dun servizo ferroviario rápido e eficiente a un máis lento e de menores prestacións”

22 Mai 2018

Santiago, 22 de maio de 2018. O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, acusou esta tarde ao Grupo Socialista de intentar “confundir e xerar ruído” cunha proposición non de lei de “pouco fundamento técnico”, ao pretender “transformar o Eixo Atlántico nun servizo de proximidade”, isto é, “pasar dun servizo rápido e eficiente a un máis lento e de menores prestacións”.

 

 

 

 

E é que tal e como indicou o portavoz popular, as rutas de proximidade son “de curta distancia”, conectando unha cidade principal cos seus arredores, polo que a liña que une as cidades de Ferrol-Coruña-Santiago-Vilagarcía-Pontevedra-Vigo non se poden enmarcar dentro desta consideración. “Piden transformar 200 quilómetros en proximidade”, subliñou.

 

 

 

 

SERVIZO COMPETITIVO

 

 

 

Fernández Prado indicou, ademais, que con esta iniciativa “estase a pedir unha redución considerable da velocidade do Eixo Atlántico, porque os trens de proximidade non acadan velocidades punta por enriba dos 100 qm/h, ao haber pouca distancia entre as paradas”. Nestes momentos, este tramo, ao ser un servizo de media distancia, permite empregar trens que chegan aos 160 qm/h, “algo que o fai realmente competitivo, porque acurta considerablemente os tempos de viaxe”.

 

 

 

Fernández Prado considerou “un despropósito propoñer medidas que redundarían nun peor servizo: trens de menores prestacións e perda de competitividade”. Asemade, explicou que os servizos de proximidade funcionan en áreas con altas demandas de mobilidade, normalmente por enriba do 10.000 viaxeiros ao día. No caso do Eixo Atlántico, o tramo con maior número de pasaxeiros é A Coruña-Santiago, que move menos de 3.500 viaxeiros ao día.

 

 


Para finalizar, incidiu no compromiso do PPdeG porque os servizos ferroviarios estean cada vez mellor adaptados á demanda dos usuarios. Neste senso, salientou que a Xunta de Galicia vai continuar co diálogo co Goberno de España co fin de incrementar as

Síguenos nas redes sociais