Pedro Puy: “O presidente Feijóo liderou unha reivindicación xusta á que se adheriron moitos líderes socialistas, curiosamente doutras comunidades”

10 Ago 2018
Santiago, 10 de agosto  de 2018. O voceiro do Grupo Popular, Pedro Puy, indicou hoxe nunha entrevista de radio na cadena COPE en Galicia que o presidente da Xunta liderou “unha reivindicación xusta á que se adheriron moitos líderes socialistas, curiosamente doutras comunidades autónomas, e coa crítica política, moi difícil de entender, por parte dos socialistas galegos”. “Trátase de arranxar un problema derivado dunha decisión tomada no ámbito da recadación do IVE que retrasa o pago dunha mensualidade, que faría que as comunidades autónomas recibiran menos pero que é facilmente resoluble con boa fe” indicou o voceiro parlamentario.
 

 

Pedro Puy indicou que “alegrámonos que a ministra estea pola labor ante unha solución fácil e sinxela e o que non se entende é a liña política do PSdeG-PSOE cando é o propio Ministerio de Facenda e outros líderes socialistas os que lle dan a razón á posición defendida desde Galicia”.
 
 

 

NOVO CURSO POLÍTICO
 
 

 

Pedro Puy manifestou que o novo curso político vai comezar con moitas cuestións interesantes como a aprobación en pleno do ditame da Comisión de estudo sobre política forestal e incendios “que prevé cambios para mellorar a ordenación do monte, a súa rendabilidade e sostebilidade ecolóxica así como medidas para evitar os incendios”
 
 

 

Así mesmo, sinalou, está pendente de aprobar o teito de gasto, como consecuencia de que o Congreso rexeitara a proposta do novo Goberno, ademais do debate do estado de autonomía e o debate dos orzamentos para o próximo ano. “Un período de sesións intenso desde o punto de vista do traballo parlamentario” sinalou Pedro Puy.
 
 
PABLO CASADO E  ELECCIÓNS MUNICIPAIS
 
 

 

Cuestionado o voceiro popular sobre a situación actual do PP liderado por Pablo Casado indicou que o actual líder fixo un gran esforzo de integración de persoas no ámbito interno do PP e está a facer aquelo para o que foi elixido que é dinamizar o partido cunha renovación que respeta, ao mesmo tempo, a experiencia que teñen moitas personas que levan moito tempo traballando no partido.
 
 


Sobre a situación do PPdeG ante as próximas eleccións municipais “xa se ten avanzado e xa están preparados os equipos e as persoas para ofrecer unha alternativa aos gobernos municipais que defraudaron, con moitas expectativas de dar alternativa de estabilidade nos concellos”

Síguenos nas redes sociais