O PPdeG salienta que a Xunta habilitará que a experiencia dos traballadores de Seaga sexa baremable na súa inclusión nas listas de contratación

21 Set 2018
Santiago, 21 de setembro de 2018.- O deputado do Grupo Popular Silvestre José Balseiros salientou hoxe que “a Xunta está a habilitar as disposicións necesarias para que se modifique a normativa actual de xeito que a experiencia dos traballadores de Seaga sexa baremable á hora da súa inclusión nas listas de contratación da Administración galega”.
 

 

Balseiros lembrou que a Xunta “ten aberto un proceso negociador cos representantes dos traballadores de Seaga, no que accedeu a analizar todos os puntos das súas demandas”, polo que considerou necesario “agardar a coñecer os resultados desta negociación”.
 
 

 

Así mesmo, o deputado popular indicou que “existe o compromiso da Xunta de manter o volume de traballo para Seaga mediante a encomenda da realización de tarefas de prevención de incendios forestais, carga de traballo que se manterá aínda que sexa desenvolvendo outro tipo de funcións”.
 
 


“A maiores, insistir en que os traballadores de Seaga poderán optar ao proceso de contratación de empregados públicos do Servizo público de defensa contra incendios forestais nunha posición bastante vantaxosa desde o momento que se acepte a súa demanda de computar a experiencia, algo para o que a Xunta mantén unha postura receptiva”, apuntou.

Síguenos nas redes sociais