Miguel Tellado reitera a necesidade de manter a unidade política sobre a ameaza de peche das plantas de Alcoa

07 Nov 2018
Santiago, 7 de novembro de 2018.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, insistiu este mércores no Parlamento galego na necesidade de preservar a unidade política en relación á ameaza de peche das factorías de Alcoa na Coruña e en Avilés. Por isto, o PPdeG apoiou unha iniciativa de respaldo á posición do Comité de Empresa para a continuidade de ambas plantas.
 
 
Entre outros puntos, o acordo reclama a retirada do expediente de regulación de emprego, a creación dunha mesa de traballo con todas as partes implicadas no conflito ou vincular a concesión de axudas públicas á empresa ao mantemento dos postos de traballo.
 
 

 

Tellado lembrou que no día de mañá celebrarase unha reunión na que estará representada a Xunta de Galicia, o Principado de Asturias e o Goberno Central, na que Galicia demandará un marco eléctrico estable para os vindeiros cinco anos, en aras de garantir a actividade e reducir as incertezas das industrias electrointensivas. Sobre este punto, incidiu en que “pedímoslle ao Goberno de Sánchez o mesmo có de Mariano Rajoy en 2014: unha solución a esta situación”.
 
 


No mesmo sentido, o viceportavoz insistiu en que o Grupo Popular “preocúpase polo emprego dos traballadores de Alcoa, pero tamén do de outras industrias como Ence, Reganosa, ou as centrais térmicas de Cerceda e das Pontes”, en referencia ás reiteradas propostas de peche destas empresas por parte doutros grupos, cos milleiros de empregos que se destruirían. 

Síguenos nas redes sociais