O Grupo Popular rexeita no Parlamento a intención do Goberno central de establecer peaxes nas autovías

05 Dec 2018

Santiago, 5 de decembro de 2018.- O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación polo Pleno do Parlamento dunha proposición non de lei a través da que se amosa a rotunda oposición á intención do Goberno central de establecer peaxes nas autovías, por consideralo unha medida regresiva, que fixa barreiras económicas no acceso á servizos básicos como son as infraestruturas viarias, pon en risco a seguridade viaria e supón un atranco ao desenvolvemento económico é a cohesión social na Galicia.

 

 

 

O portavoz de Infraestruturas, Martín Fernández Prado, criticou “o novo globo sonda lanzado polo Ministerio de Fomento anunciando unha medida carente de rigor, non reflexionada e totalmente improvisada en relación á posibilidade de implantar peaxes nas autovías”. “Trátase dun debate que se debería impulsar desde o Goberno central e que debería estar guiado única e exclusivamente polo interese público, e non estar tutelado polas empresas construtoras guiadas polo seu propio interese empresarial”, afirmou.
 

 

 

Fernández Prado sinalou que “este novo globo sonda do Goberno central súmase a anteriores medidas prexudiciais para Galicia, como o anuncio de paralizar o plan de investimentos en estradas, no que está previsto a construción do novo trazado Vigo-Porriño; a suba das peaxes na AP-9, como consecuencia do ruinoso convenio asinado en 2011 polo anterior Goberno socialista de Zapatero; ou a ausencia de novas licitacións de obra nova en materia de estradas para Galicia”.
 

 

 

SER AGRAVIAR AOS GALEGOS
 
 

 

Deste xeito, anotou que “o Goberno galego trasladará a súa valoración sobre a posible implantación de peaxes nas autovías cando se poña sobre a mesa unha proposta seria e concreta do Ministerio de Fomento, defendendo sempre os intereses dos galegos e tendo en conta a preocupación que existe en Galicia pola escalada de prezos da AP-9”. “Calquera solución que se plantexe non pode ser un novo agravio para os galegos, que acaban de ver como o Goberno socialista de Pedro Sánchez elimina peaxes noutras autoestradas como a AP-1, mentres sube as da AP-9 aos galegos”, sinalou.
 
 


Martín Fernández contrapuxo esta actuación do Goberno central coa Xunta de Galicia, destacando que “é o único goberno que baixou as peaxes”. En concreto, lembrou que o Goberno galego “está a estudar a implantación de tarifas nocturnas, con bonificacións do 50 por cento nas autoestradas de titularidade autonómica A Coruña-Carballo e Vigo-Baiona, que actualmente xa son das máis baratas de España e un 30 por cento máis baixas que as da  AP-9”.

Síguenos nas redes sociais