Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Parlamento aproba os orzamentos da Xunta para 2019, “un sinal de estabilidade, confianza e normalidade democrática”

18 Dec 2018
Santiago, 18 de decembro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe os orzamentos da Comunidade galega para 2019, “un sinal de estabilidade, confianza para os axentes económicos e de normalidade democrática”, sinalou o portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy. Na súa intervención, criticou que as emendas da oposición “pintan ingresos inflados e gastos que non se van poder materializar, creando falsas expectativas e ilusións entre os galegos que derivarán en fracaso e frustración”.
 
 

 

Pedro Puy explicou que os presupostos para o vindeiro ano “caracterízanse en cinco grandes liñas: incremento do gasto non financeiro en 363 millóns de euros, chegando aos 9.850 millóns; un endebedamento testimonial do 0,1 por cento do PIB; incremento do gasto social, que representa o 80 por cento do orzamento; auméntase o investimento ata os 1.652 millóns de euros, do que o 55 por cento procede do aforro bruto; e minorando a presión fiscal sobre as familias e as empresas, para incrementar o aforro e o consumo”.
 
 

 

“Uns orzamentos que son posibles porque a economía galega segue medrando por riba do 2,5 por cento, a maior velocidade que a economía española e que as principais economías europeas”, sinalou. O portavoz popular asegurou que se trata “duns bos orzamentos adaptados a unha situación económica que vai mellorando, fronte ás predicións apocalípticas a que nos ten acostumados a oposición”.
 

 

 

A OPOSICIÓN PINTA OS INGRESOS
 

 

 

Respecto das emendas presentadas polos grupos da oposición, Puy manifestou que “sempre estamos dispostos a analizar os seus argumentos e, cando son razoables, aceptar as súas propostas e mellorar o que a Xunta trae ao Parlamento”. Porén, indicou que “o propio debate nos reafirmou na bondade deste proxecto de orzamentos en relación coas alternativas da oposición, porque as súas propostas están equivocadas, son irrealizables ou levarían ao fin da recuperación económica e social que está a vivir Galicia”.
 
 

 

Pedro Puy sinalou que, “do mesmo xeito que fixo o Goberno bipartito en 2009 e se repite neste momento no proxecto de orzamentos pactado a nivel nacional entre o Goberno socialista e Podemos, non deixan de sobreestimar os ingresos e subestimar os gastos, chegando a un punto de imposible cumprimento polas falsas ilusións financeiras”.
 

 


“En definitiva, as súas emendas reproducen exactamente un modelo de ingresos inflados, gastos que non se van a poder materializar e creando falsas expectativas na sociedade, avocando ao fracaso e á frustración dos cidadáns”, lamentou.

Síguenos nas redes sociais