Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O PPdeG considera “irresponsable” modificar a lei de medios públicos mentres o Consello de Administración da CRTVG avanza no cumprimento

18 Dec 2018
Santiago, 18 de decembro de 2018.- A deputada do Grupo Popular Raquel Arias defendeu hoxe a necesidade de que a Corporación Radio Televisión de Galicia “siga implementando” a lei 9/2011 de 9 de novembro de Medios Públicos de Comunicación Audiovisual fronte á petición do Grupo do BNG de reformar dita normativa. 
 
  Deste xeito, considerou “irresponsable” a solicitude de modificación dos nacionalistas, xusto despois de que o mesmo consello rematase as conversas cos sindicatos para a redacción do Estatuto Profesional e a creación do Consello de Informativos.
 

 

De feito, todos os grupos da oposición veñen reclamando precisamente a elaboración dese estatuto e a constitución do Consello de Informativos, tal e como se contempla no artigo 36 da lei. “Resulta incoherente que pidan o desenvolvemento íntegro e urxente dunha lei que agora queren reformar coa mesma urxencia”, explicou Arias, quen engadiu que “con estes vaivéns o que reflexan é pouca credibilidade e moito oportunismo”.
 
 

 

AS CADEIRAS, NON O FUTURO
 
 

 

“O que lles interesa realmente non é o cumprimento efectivo da lexislación, senón ocupar as cadeiras”, manifestou Arias, xa que na súa iniciativa “só falan dos postos, e non lle dedican nin unha frase aos grandes retos da CRTVG para os próximos anos, como a incidencia do novo dividendo dixital, as novas formas de consumo ou a competencia das plataformas dixitais”. 
 
 

 

Na súa intervención, a deputada popular preguntoulle aos nacionalistas “que é exactamente o que non lles gusta do Consello de Administración actual”, un órgano que foi elixido por maioría reforzada do Parlamento, que está tomando as decisións de calado por consenso e que é paritario na súa composición, algo que segundo Arias “vai ser moi difícil de cumprir no futuro Consello de RTVE, con só 4 mulleres entre os 20 aspirantes”. “Ao mellor o que lles molesta é que non lles tocou estar no momento da negociación”, matizou.
 

 

 

Raquel Arias lembrou, ademais, que a lei 9/2011 de Medios Públicos de Comunicación Audiovisual de Galicia, consensuada e aprobada no seu momento coa maioría do Parlamento, terá que ser modificada previsiblemente para adaptar a corporación á directiva europea en materia de servizos audiovisuais.
 
 


A parlamentaria contrapuxo o funcionamento da CRTVG con outras canles públicas. “Unha corporación coas contas saneadas, a mellor dotada tecnoloxicamente de Europa, e cuns excelentes datos de audiencia que demostran o seguimento e o apoio dos galegos e das galegas”.  

Síguenos nas redes sociais