Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Grupo Popular demanda “traballar unidos para que non se reduzan os orzamentos da PAC e se teñan en conta as peculiaridades de Galicia”

18 Dec 2018
Santiago, 18 de decembro de 2018.- O portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, Moisés Blanco Paradelo, afirmou hoxe no Parlamento que “agora toca traballar unidos, da man do sector e dentro dunha estratexia nacional, para loitar para que non se reduzan os orzamentos da política agraria común (PAC) e que se teñan en conta as peculiaridades de Galicia: líder no sector lácteo e cárnico en España”.
 
Neste sentido, lembrou que o conselleiro xa anunciou a creación dun grupo de traballo independente que elaborará a proposta galega que se remitirá ao Ministerio para ser incluída no Plan Estratéxico Nacional, ante o que demandou aos grupos da oposición que “se sumen a traballar e non pretendan ir por libre”.
 
 

 

Moisés Blanco salientou que “xogámonos moito coa PAC que a oposición denosta, xa que Galicia recibiu de Europa entre os anos 2015, 2016 e 2017 arredor de 510 millóns de euros”.
 
 

 

DOUS ANOS TRABALLANDO
 
 

 

Así mesmo, o portavoz popular lembrou que a representación ante as institucións europeas correspóndelle aos Estados membros, “polo que entendo que a oposición aceptará que, cumprindo a normativa, España presente un Plan Estratéxico Nacional no que se inclúan as características das comunidades e que o Goberno galego loite para que se teñan en conta as propostas galegas, atendendo as nosas especificidades e os nosos propios retos e desafíos”.
 

 


Neste sentido, sinalou que o Goberno galego “leva dous anos traballando e o pasado 22 de agosto acadou unha postura de amplo consenso coas organizacións agrarias, sindicatos e produtores”. “Un acordo que xa foi remitido ao Ministerio e no que se basicamente se defende que a PAC debe seguir sendo unha política eminentemente común baseada en dous piares: axudas directas para o desenvolvemento rural e a necesidade de establecer medidas que recoñezan as peculiaridades de cada territorio”.

Síguenos nas redes sociais