Feijóo non considera aceptable que os caprichos partidistas de Sánchez custen 200 millóns de euros aos españois e galegos

16 Feb 2019

16, febreiro, 2019.  O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que non é aceptable que os caprichos partidistas de Pedro Sánchez custen 200 millóns de euros aos españois e galegos pola súa decisión de ter dúas citas electorais en menos dun mes.  

 

Tras lembrar a enorme inestabilidade que provocou Sánchez ao conxunto do país paralizando España en 2016, en 2018 e volvendo intentalo en 2019, precisou que eses millóns que serán utilizados para satisfacer as necesidades electorais do PSOE poderían ser investidos na Sanidade Pública, na Educación Pública, en atención ás persoas maiores dependentes ou en infraestruturas.

 

Malia que o presidente recoñeceu que convocar eleccións era imprescindible, considera que facelo a menos dun mes antes doutras é “tremendamente irresponsable” e algo que evidencia que Sánchez pensa soamente en si mesmo. Por este motivo, indicou que “España necesita algo mellor que un presidente que cre que o único importante de España é el mesmo”, engadindo tamén que o país precisa estabilidade e un goberno responsable que si teña en conta as necesidades dos españois de Galicia.

 

GALEGOS E ESPAÑOIS

Durante a súa intervención, Feijóo recordou, que co seu proxecto de Presupostos, Sánchez demostrou que para el Galicia non existe, por iso,  salientou a necesidade de demostrarlle, tanto o 28 de abril como o 26 de maio, que queremos “unha Galicia que creza para unha España que creza, unha Galicia que progrese para unha España que progrese e unha Galicia máis grande para unha España más grande”. 

 

Igualmente, manifestou que os populares reivindican Galicia como a súa terra, esfórzanse polo seu progreso e benestar xa que son galegos con orgullo e, ao tempo, son españois. Segundo aseverou, isto é algo que defenden e reivindican ante calquera e en calquera sitio, como fixeron o domingo pasado en Madrid, onde moitos galegos, en representación dunha maioría, expresaron que cren na unidade, na igualdade, na dignidade, así como que é mellor Galicia, Cataluña ou o País Vasco con España.

 

Pola contra, o líder do PPdeG lamentou que exista unha minoría en Galicia que opine distinto, como o PSOE, que prefire entregarse al populismo o al independentismo; as Mareas de Podemos, que dixeron que ían ao Congreso sela voz dos galegos e votaron a favor dos lamentables presupostos do Goberno; ou o BNG, que nas próximas eleccións irá coligado e pedirá o voto para ERC e o partido de Otegi. Como indicou, todos eles criticaron aos populares por acudir á manifestación como se lles tiveran que pedir permiso, pero equivócanse, porque “os galegos non somos Pedro Sánchez”.

 

PEDRO SÁNCHEZ É PASADO

Como remarcou, a diferenza de Sánchez, os galegos temos principios e non os subastamos a cambio de medrar, cremos máis no esforzo e na humildade que nas ostentacións e a soberbia, impórtanos e valoramos Galicia e cremos na igualdade de dereitos de todos os españois. Deste xeito, destacou que, mentres Pedro Sánchez xa é só pasado, Galicia ten futuro.

 

Ademais, admitiu que o socialista irase do Executivo nacional como chegou, sen o apoio dos españois, despois de poñer en cuestión todos os proxectos que estaban comprometidos con Galicia, sen cumprir nada do prometido aos galegos, amosando a España que estaba disposto a todo con tal de seguir aí, poñendo en cuestión a credibilidade do país en todo el mundo, propoñendo un presuposto cunha caída de máis do 25% en Galicia mentres noutros lugares subían o 60 e da man de Podemos e das Mareas de Podemos. “Irase do Goberno e ninguén o botará de menos, nin tan sequera no PSOE”, remarcou.

 

REPOÑERÉMONOS CO PP

Feijóo, que participou na presentación dos candidatos da Comarca da Paradanta -Miguel Domínguez (A Cañiza), Horacio Gil Expósito (Arbo), Juan Pablo Castillo (Covelo) e Julio César Luengo (Crecente)-, admitiu que, ao contraio do que acontece co PSOE, cando o PP chega a un goberno dedícase a gobernar. Precisamente por iso, o presidente dixo que o seu partido ten un balance e un proxecto que presentar en todos e cada un dos 313 concellos galegos, sendo a súa a papeleta que vale por tres xa que é a que mellor defende cada concello, a que mellor defende Galicia e a que mellor defende España.

 

De feito, puxo en valor que sempre que España estivo nunha situación delicada foron os gobernos do PP, con Aznar e Rajoy á cabeza, os que lograron que se repuxera, amosándose convencido de que o país volverao a facer. “Imos saír desta, volve tocar que España se levante e para iso, coma sempre, estará o Partido Popular”, sentenciou.

Síguenos nas redes sociais