Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Parlamento demanda facilitar e simplificar ao sector do viño a realización de trámites administrativos

01 Mar 2019

Santiago, 28 de febreiro de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe solicitar á Xunta que poña en marcha os mecanismos necesarios para facilitarlle e simplificar aos operadores vitivinícolas a realización dos trámites administrativos.

 

 

Así mesmo, demándase ao Goberno central que modifique o Sistema de Información de Mercados del Sector Vitivinícola (Infovi) para simplificar as declaracións que están obrigados a presentar os operadores vitivinícolas. Con este obxectivo, a iniciativa insta ao Ministerio de Agricultura á creación dun grupo de traballo, implicando tamén a Comunidades Autónomas, Consellos Reguladores e a representantes expertos dos operadores do sector, que aborde a simplificación administrativa de maneira pormenorizada.

 
 

 

O portavoz do Medio Rural, Moisés Blanco, lembrou que “nos últimos catro anos vénse constatando unha preocupación crecente nos operadores vitivinícolas pola excesiva carga administrativa á que están sometidos, cuxa consecuencia é a dedicación de máis recursos humanos e polo tanto económicos dos que desexarían, o que ademais resta en ocasións recursos e esforzos destinados ao obxectivo final dos mesmos: a comercialización de viño”.
 
 

 

“Esta preocupación fíxose máis evidente coa aprobación en 2015 do Real Decreto sobre declaracións obrigatorias no sector vitivinícola, que deu lugar á creación do Infovi parte do Ministerio de Agricultura”, sinalou. Este Real Decreto ten a súa xustificación na necesidade de dotar ao sector de instrumentos que outorguen unha maior e mellor calidade da información para conseguir unha maior transparencia de mercado, reforzándose o sistema de declaracións obrigatorias, en canto ampliouse a información que estas debían conter e a periodicidade da súa remisión, que pasou de ser anual a ser mensual e que afecta en concreto ás declaracións de existencias e producións.
 

 

 

Moisés Blanco explicou que “o viño é un dos sectores máis regulados do noso país, xa que, ademais de estar sometido a leis estatais e autonómicas, atópase suxeito a un marco normativo comunitario específico moi complexo e extenso no ámbito da Política Agrícola Común”.
 

 

 

“Este conxunto de regras contribuíu favorablemente á especialización na calidade por parte da produción, á protección dos consumidores fronte á fraude, á correcta información ao consumidor e ao mellor funcionamento xeral do mercado interno”, salientou o portavoz popular.
 
 


Porén, indicou que esta ampla lexislación “está a dificultar enormemente a tarefa dos operadores e restando competitividade ao conxunto do sector”, pol que considerou que “chegou o momento de facer unha revisión en profundidade de toda a lexislación que afecta o sector vitivinícola e que lle xera obrigacións para coa administración, co obxectivo de iniciar un proceso de racionalización e simplificación”.

Síguenos nas redes sociais