Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Parlamento galego demanda ao Concello de Vigo que volva ao consenso e cumpra o convenio para o transporte metropolitano

13 Mar 2019
Santiago, 13 de marzo de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Concello de Vigo que retorne ao consenso acadado en 2016 entre os concellos e o Goberno galego que permitiu a modificación da Lei da Área Metropolitana de Vigo e a súa aprobación por unanimidade no Parlamento de Galicia, ao tempo que cumpra o convenio asinado en materia de transporte metropolitano, garantindo as mesmas tarefas para tódalas persoa usuarias, con independencia do seu lugar de procedencia.
 
 

 

O deputado popular lembrou que “a Xunta de Galicia e os 14 concellos da comarca de Vigo alcanzaron un acordo histórico o 22 de Febreiro de 2015 para desbloquear a posta en marcha efectiva da Área Metropolitana de Vigo, a primeira de Galicia, e que sairía adiante mediante a aprobación dunha nova lei que modificaba a Lei 4/2012 de creación deste área metropolitana”.
 
 

 

“Este acordo outorgaba a Vigo, por primeira vez, a capitalidade dunha entidade territorial supramunicipal autónoma”, sinalou o deputado popular, quen lamentou que o acordo “rompeuse pola deslealdade do alcalde de Vigo, que foi incapaz de cumprir os compromisos que asinou”.
 
 

 

CONVERTER CONSENSO EN IMPOSICIÓN
 
 

 

Neste sentido, Pazos subliñou que “o señor Caballero, desde o primeiro momento no que tivo lugar o acordo, teimou denodadamente en converter o consenso en imposición, en atopar escusas de todo tipo para incumprir o acordado e en converterse no prototipo de político que atopa a cada solución un novo problema”.
 
 


“Namentres, a área metropolitana de Vigo segue parada, os veciños privados das vantaxes e o transporte metropolitano non desprega todos os seus efectos: os vigueses soportando o billete urbano máis caro de Galicia e perdendo aforros de ata mil euros anuais, mentres o Concello aumenta os pagos á concesionaria á razón de 1,6 millóns de euros anuais”, sinalou.

Síguenos nas redes sociais