Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O PPdeG defende o traballo da Xunta na revisión da extracción da mexilla xunto cos sectores bateeiro e percebeiro

22 Mar 2019

Santiago, 22 de marzo de 2019.- A deputada do Grupo Popular Soraya Salorio defendeu hoxe o traballo que a Xunta vén realizando na revisión da actividade de extracción de mexilla xunto cos sectores bateeiro e percebeiro, co obxectivo de adecuar a súa compatibilidade e asegurar o seu histórico entendemento e beneficio mutuo.

 

 

 

“Unha vez máis, a oposición pretende enfrontar aos sectores que viven do mar en Galicia, dando a entender ademais que a Consellería do Mar está en contra deles, algo moi lonxe da realidade”, sinalou.

 

No debate dunha proposición non de lei do Grupo Socialista, Soraya Salorio lamentou que “esquecen que tanto o percebe como a mexilla son dous recursos imprescindibles para quen os recolle: o percebe é fundamental para os percebeiros na súa actividade, pero é que sen mexilla as nosas bateas deixarían de ser as principais produtoras de mexillón de Europa”.

 

CONVIVINDO DESDE SEMPRE

 

“Desde sempre se leva convivindo na recollida dos dous recursos, diferentes e con diferentes fines, e debe traballarse para que así continúe, e non en enfrontar ao sector como pretenden os grupos da oposición”, apuntou.
 
 

 

Así mesmo, a deputada popular criticou que os socialistas “pretendan dar en entender que o sector pesqueiro e marisqueiro non ten dereito ás axudas, obviando o feito de que a maior parte dos fondos van para o sector extractivo, ao tempo que non quedou fora ningunha axuda solicitada pola flota que cumprise os requisitos esixidos na normativa comunitaria”.
 

 

 

Soraya Salorio subliñou que “non aceptamos leccións dos socialistas de Galicia nin para o percebe nin para o mexillón, xa que entre os anos 2005 e 2009 no percebe perdemos o 40 por cento da facturación e da produción e no mexillón deixaron unha sanción de tres millóns de euros polo esperpento de Pladimega”.
 
 


“O sentidiño do Goberno do PPdeG na xestión de ambos sectores permitiu que a loita contra o furtivismo no percebe permitirá incrementar un 35 por cento de inspeccións, un 42 por cento as infraccións detectadas, un 41 por cento as incautacións e un 201 por cento os comisos”, concretou. Ademais, no sector do mexillón “puxemos a cero os contadores das concesións, aumentando de 30 a 50 anos as mesmas; e concedéronse máis do 80 por cento dos expedientes de axuda dos fondos de acuicultura aos bateeiros”.

Síguenos nas redes sociais