Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Feijóo di que a división do voto xera máis incertezas e apela á unión no PP, o único valor seguro para España

05 Abr 2019

5, abril, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, dixo que a división do voto xera máis incertezas e apela á unión no Partido Popular, o único valor seguro para España.

Neste senso, indicou que, tal e como se pon de manifesto en cidades e concellos de Galicia, cando se divide o voto goberna a esquerda, mentres que na unión das forzas hai un goberno, como o galego, que goberna e co que Galicia crece, crea emprego, incrementa as súas políticas sociais, cumpre os compromisos e aproba, ano a ano, os orzamentos. “O PP é un valor seguro para a estabilidade e para a gobernabilidade; para a economía, o crecemento e o emprego; e para a responsabilidade”, remarcou Feijóo.

 

Para o líder do PPdeG, non se pode repetir a historia de que a xestión frívola e irresponsable dun presidente desfaga todo o que se acadou nos momentos máis difíciles. Por iso, apuntou que os galegos precisan dun Goberno de España ao que lle importe Galicia e, polo tanto, dun presidente que saiba da importancia da nosa comunidade. Así, advertiu dos riscos de entregar o país, a través das mans de Pedro Sánchez, a nacionalistas e independentistas, así como os orzamentos do Estado a Pablo Iglesias, que xa lle está a esixir ministerios.

 

UN EXECUTIVO ÚTIL PARA GALICIA

Durante un mitin en Noia e tras visitar Muros, Feijóo avogou por un Executivo útil para Galicia, que respecte e valore aos galegos, que pelexe polos seus empregos e que nunca se dea por satisfeito mentres non cumpra os seus compromisos: “Queremos un Goberno de España para o que Galicia sexa importante e iso só é posible co Partido Popular”.

 

Para o líder do PPdeG, nin a Pedro Sánchez nin aos seus socios populistas e nacionalistas nin a Ciudadanos e nin a Vox lles importa Galicia. E é que, tal e como salientou, a un partido ao que si lle importa non vai en coalición ás eleccións con Batasuna-Bildu e ERC, como fai o BNG; nin presume duns orzamentos que quitan a cada galego tres de cada dez euros, como fan o PSOE e as Mareas de Podemos; nin inventa problemas que non existen porque non ten ningunha proposta para Galicia, como Ciudadanos; nin presenta como candidata en Galicia á tía do País Vasco do seu líder, como fai VOX.

 

Así, Feijóo incidiu en que, a diferenza destas formacións, ao PP si lle importa Galicia e, por iso, ten aos galegos como os seus únicos socios, defende o emprego e os seus traballadores e quere investimentos e que se melloren as infraestruturas. O presidente do PPdeG fixo fincapé en que o que precisa Galicia e o que é bo para España é unha maioría ampla do Partido Popular, xa que desta forma haberá un Goberno que goberne e que só se deba aos españois e non aos que queren que a España lle vaia mal.

Síguenos nas redes sociais