Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Feijóo chama á unión do voto no PP como única forma para evitar un Goberno de Sánchez e os seus socios

06 Abr 2019

6, abril, 2019.O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, dixo que unha maioría ampla no Partido Popular é o que precisa Galicia e o que é bo para España e que, deste xeito, haberá máis xestión, máis oportunidades, máis emprego e menos impostos. Por iso, indicou que ningún voto que prefira outro goberno pode quedar sen escano e apelou á unión nas urnas para acadar así unha maioría ampla de escanos no Congreso e no Senado.

Segundo apuntou o líder do PPdeG, para que o 28 de abril sexa unha oportunidade para Galicia e non un problema, o voto “ten que ser máis útil que nunca” e para que desta forma goberne un partido e un presidente ao que lle importen Galicia e España.

 

O PARTIDO POPULAR, UN VALOR SEGURO

Tal e como remarcou Feijóo durante un mitin en Burela, é na unión das forzas como se acada un goberno como o galego, que goberna e co que Galicia crece, crea emprego, incrementa as súas políticas sociais, cumpre os compromisos e aproba, ano a ano, os orzamentos. Así, salientou que o PP é un valor seguro para a estabilidade e para a gobernabilidade; para a economía, o crecemento e o emprego; e para a responsabilidade. E advertiu dos riscos de entregar España, a través das mans de Pedro Sánchez, a nacionalistas e independentistas. Por iso, fixo fincapé en que o que é bo para Galicia é bo para España: “O que non queremos para Galicia non podemos querelo para España, porque nos importa”.

 

Neste punto, recordou que no 2016 os galegos uníronse nas urnas no que crían que eran o mellor para Galicia e impediron así que a nosa comunidade fose xestionada coa frivolidade de Pedro Sánchezou que as Mareas de Podemos elaboraran uns orzamentos desastrosos ou que os nacionalistas e independentistas esixiran desde a Xunta referendos. “Esta frivolidade pode poñer en risco a continuidade de Alcoa en San Cibrao”, sostivo o líder do PPdeG, que incidiu, especialmente, na irresponsable política industrial do Executivo central.

 

PEDRO SÁNCHEZ PREFIRE A CIUDADANOS E A VOX

“Cantos máis votos a partidos que non sexan o PP, máis posibilidades de que Pedro Sánchez continúe; cantos máis votos ao PP, máis posibilidades de que haxa outro Goberno”, asegurou o líder do PPdeG, que recalcou, ademais. que Pedro Sánchez prefire a Ciudadanos e a Vox, porque son a división do voto que el necesita para que lle saian as contas.

 

Para Feijóo, o vindeiro 28 de abril só hai dúas posibilidades reais para presidir o Goberno: ou Pedro Sánchez ou Pablo Casado. Así, quen prefira a Pablo Casado só hai unha vía: o Partido Popular.

Síguenos nas redes sociais