Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Parlamento galego aproba a nova lei de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbana

09 Abr 2019

Santiago, 9 de abril de 2019.- O Pleno do Parlamento galego aprobou hoxe a Lei de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbana de Galicia, que facilitará a recuperación do construído e a protección, fomentará a cultura da rehabilitación, impulsará a dinamización económica, social e demográfica, e compatibilizará a protección do patrimonio coa mellora das condicións de habitabilidade e a eficiencia enerxética.

 

 

O portavoz do Vivenda do Grupo Popular, Jaime Castiñeira, salientou que esta norma “constitúe unha ferramenta para que os concellos axilicen as actuacións no seu ámbito”, e asegurou que “non hai unha soa intervención dentro desta lei que non parta a iniciativa dos concellos, porque se os concellos non queren, non se fai”.

 

 

Jaime Castiñeiras afirmou que esta nova lei “foi modelo de participación da cidadanía e dos colectivos sociais, non só antes da súa remisión ao Parlamento senón tamén durante a súa tramitación parlamentaria”.

 

EN TODO O TERRITORIO DOS 313 CONCELLOS

 

Na súa intervención, explicou que a nova lei de rehabilitación “inclúe medidas orientadas a facilitar as intervencións públicas e garantir a súa tutela permanente; a coordinación entre administracións para axilizar os procedementos, facer viables as intervencións e garantir a protección do patrimonio; a impulsar a participación dos particulares nos procesos de rehabilitación e rexeneración urbanas, con programas concretos de financiamento; a facilitar a accesibilidade e a eficiencia enerxética dos edificios; e establecer mecanismos de axuda para que as persoas propietarias cumpran os seus deberes de rehabilitación”.

 

“As normas recollidas neste texto lexislativo se aplicarán en todo o territorio dos 313 concellos galegos, teñan ou non plan especial aprobado, así como nos ámbitos delimitados polo Camiño de Santiago”, apuntou.

 

Neste sentido, indicou que a lei “posibilita a concesión de licenzas directas polos concellos sen necesidade de informe da Dirección Xeral de Patrimonio, sempre que non afecte a un elemento especificamente protexido polo seu valor cultural, así como as actuacións puntuais de mantemento ou uso ordinario nas vivendas de moi escasa entidade técnica e construtiva”.

 

ÁREAS REXURBE E ZER

 

Entre as novidades que incorpora esta lei, Castiñeira fixo referencia á creación das áreas Rexurbe de interese autonómico, para núcleos históricos catalogados como ben de interese cultural que se atopen especialmente degradados ou que pola súa singularidade e o seu deterioro precisen dunha especial actuación”.

 

“Dentro destas áreas Rexurbe tamén se crean as zonas de especial necesidade de rehabilitación para aqueles edificios ou conxunto deles que precisen realizar unha intervención urxente ou para facilitar a instalación de dotacións ou equipamentos que teñan unha especial relevancia”, engadiu.

 

Jaime Castiñeira destacou que esta lei “leva incorporada unha memoria económica cun forte investimento de fondos públicos, especialmente nas áreas Rexurbe”.

Síguenos nas redes sociais