Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O PPdeG reitera que o proxecto da mina de Touro “só será viable se salvagarda o respecto ao contorno e o estrito cumprimento da legalidade vixente”

10 Abr 2019

Santiago, 10 de abril de 2019.- O deputado do Grupo Popular, Moisés Blanco, reiterou hoxe no Parlamento que “tanto desde a Xunta como o PPdeG estamos a favor dunha minaría sustentable, moderna e respectuosa co medio ambiente”, polo que incidiu que o proxecto da mina de Touro “só será viable se salvagarda o total respecto ao contorno, o estrito cumprimento da legalidade vixente e dota de todas as garantías urbanísticas, medioambientais e técnicas”.

 

Moisés Blanco criticou que aos grupos da oposición “dálles igual as respostas que se dan desde a Xunta”. “Iso paréceme moi grave porque vostedes dan por boas publicacións que lles interesan, desprezando o traballo e a capacidade dos técnicos públicos que emiten os informes desde diferentes departamentos do Goberno galego”, apuntou.

 

O PROXECTO, COMO FOI PRESENTADO, NON É VIABLE

 

Neste sentido, reiterou que o proxecto da mina de Touro “deberá cumprir estritamente a lexislación”, polo que demandou á oposición que “respecten os procedementos administrativos, confíen na profesionalidade e imparcialidade dos traballadores públicos da Xunta para emitir os preceptivos informes, con total vixilancia e control medioambiental e imposición de sancións”.

 

Na súa intervención, o deputado popular lembrou que “o propio conselleiro de Industria dixo neste Parlamento que o proxecto, tal e como foi presentado, non é viable”, ao que se sumou a proposición non de lei do Grupo Popular, aprobada o pasado 28 de marzo de 2018 co voto en contra de En Marea e BNG, na que se demandaba que a Xunta avaliara o proxecto da mina de Touro con total garantismo legal e rigor na execución do procedemento, vixiando calquera impacto medioambiental que se puidese producir como consecuencia do resultado da explotación da mina.

Síguenos nas redes sociais