Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Feijóo pide unir o voto no PP para que haxa un Goberno como o que prefire a maioría dos galegos

12 Abr 2019

12, abril, 2019.O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo,apelou á unión do voto no Partido Popular para que en España haxa un Goberno como o que prefire a maioría dos galegos: “Se nos unimos no PP, a España iralle mellor, como nos foi en Galicia; se nos dividimos, só lle irá mellor a Pedro Sánchez e iso non é bo nin para os galegos nin para o resto dos españois”.

 

Neste senso, o líder do PPdeG subliñou que a forma de evitar un Executivo en débeda co nacionalismo e que o populismo decida a nosa economía é que ningún voto se quede na casa o próximo 28 de abril. Para Feijóo, todos os votos son necesarios e todos teñen que ser útiles: “Todos os votos teñen que converterse en escano e por iso temos que unirnos nas urnas”.

 

O PPDEG PODE GAÑAR

Durante a tradicional pegada de carteis que tivo lugar na Coruña, Feijóo incidiu en que o PPdeG pode gañar nestas eleccións, porque é o que lle interesa a Galicia e porque quere o mellor para España. Así, o presidente dos populares galegos pediu o voto para un Goberno ao que lle importe esta Comunidade, que só se deba aos españois e para unha España unida: “O voto dos galegos ten que ser máis decisivo para España que o voto de Batasuna-Bildu, de Puigdemont ou de ERC para Pedro Sánchez”.

 

UN PARTIDO QUE LLE IMPORTA GALICIA

Feijóo dixo que o PP, a diferenza do resto das formacións, si lle importa Galicia, porque os seus únicos socios son os galegos; porque quere máis emprego, máis investimentos, mellores infraestruturas e defende os postos de emprego; e porque ten equipos en todas a comunidade que cren en Galicia. E é que, tal e como salientou, partidos como o BNG, que vai en coalición con Batasuna, Bildu e ERC; o PSdeG e as Mareas de Podemos, que presumen de quitarlle a cada galego tres de cada dez euros nos orzamentos; Ciudadanos, que non ten nin solucións nin propostas para a Comunidade; e Vox, que presenta como candidata á tía do País Vasco do seu líder, non lles importa absolutamente nada Galicia.

 

Para Feijóo, un executivo útil para Galicia, que respecte e valore aos galegos, que pelexe polo emprego, que cumpra cos seus compromisos coa nosa comunidade e que defenda a Constitución só é posible co Partido Popular no Goberno de España e con Pablo Casado de presidente.

 

O ÚNICO VALOR SEGURO

Destacou que o PP é un valor seguro para a estabilidade, a gobernabilidade, a economía, o crecemento, o emprego e a responsabilidade. Feijóo fixo fincapé en que a única alternativa a Pedro Sánchez, un presidente que se empeñou en gobernar a calquera prezo con Podemos, nacionalistas e independentistas e que logo foi incapaz de gobernar, é o PP. “Unha alternativa con solidez, libre de imposicións, estable e que goberne”, apuntou. 

Síguenos nas redes sociais