Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Feijóo pide o voto para o PP porque “Galicia necesita un presidente de España que nos teña en conta”

22 Abr 2019

22, abril, 2019.O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu o voto para o Partido Popular, porque “Galicia necesita un presidente de España que nos teña en conta” e non a Pedro Sánchez, que nin a respecta nin a ten en consideración.

Así, durante un mitin en Lugo, apuntou que Sánchez non chamou nin unha soa vez “ao presidente democrático de todos os galegos” nin para trasladar que baixaría o orzamento un 30% á nosa comunidade nin para apoiar algunha emenda que mellorara esas contas nin para demostrar o seu interese polos traballadores de Alcoa e do sector das electrointensivas nin para comunicar que quere deixar a 5.000 traballadores do forestal na rúa e a 80.0000 familias sen ingresos pola madeira que producen: “Non merece o voto quen non chamou nin respondeu á chamada dos galegos nin unha soa vez”.

 

Neste punto, o presidente do PPdeG incidiu en que, mentres Pedro Sánchez non tiña en conta a Galicia, Pablo Iglesias presumía de ter firmado os orzamentos con el e de telos negociado previamente no cárcere; reuníase con Torra como “se fosen presidentes de dous estados diferentes”; e chamaba de forma insistente a Otegui, outorgándolle así un papel decisivo aos membros de Batasuna-Bildu. Así, Feijóo avogou por un Goberno que teña en consideración a Galicia: “Nós non pedimos ser máis que ninguén, pero non permitimos que se nos trate como se fósemos menos que os demais”. E recalcou que o que lle interesa á nosa Comunidade é un presidente con palabra e que cumpra os compromisos do Estado con esta terra. Para iso, segundo sostivo, o único presidente e o único partido que defenden os intereses de Galicia son Pablo Casado e o Partido Popular.

 

A UNIÓN DO VOTO NO PARTIDO POPULAR

Xa entrados na recta final da campaña, o líder do PPdeG destacou que o PP conta con máis argumentos, máis propostas, máis ganas e con máis forzas e que, de cara o próximo domingo 28, hai que chegar “unidos nas urnas, no voto e no Partido Popular”.

 

Neste punto, Feijóo remarcou que o PP é a garantía dun goberno que goberna, que xestiona e que axuda a crear emprego e que é, tamén, o único partido con solucións aos problemas de España -o desemprego, o pago das pensións, a alerta por unha desaceleración ou as diferenzas en infraestruturas entre territorios-, porque ten rigor, programa e equipos. Así mesmo, Feijóo advertiu que cun Goberno de Pedro Sánchez a posible desaceleración volverá a ser crise, mentres que cun Goberno do PP seguirase falando de recuperación, porque é un valor seguro para xestionar as dificultades e para o avance do país.

Síguenos nas redes sociais