Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Parlamento galego demanda á Xunta que realice un estudo de mellora do trazado e as prestacións da OU-533

23 Abr 2019

Santiago, 23 de abril de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, co único voto favorable do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a realizar un estudo de mellora do trazado e as prestacións da estrada OU-533, de modo que conte coas características axeitadas para comunicar, a través dunha renovada infraestrutura, a futura Autovía A-76 coa Autovía A-52, no concello da Gudiña.

 

O deputado popular Moisés Blanco lembrou que a estrada OU-533, “a través dos seus máis de 50 quilómetros, vertebra o oriente da provincia de Ourense, unindo as comarcas de Valdeorras e as Terras do Bolo”. “Conta cun tráfico importante, destacando a circulación dun bo número de vehículos pesados que transportan mercancías cara outros puntos de España, a veciña Portugal ou a diferentes portos da península”, apuntou.

 

MÁIS DE 1,3 MILLÓNS EN MELLORAS

 

Ademais, Blanco sinalou que esta iniciativa parlamentaria recolle a demanda de diferentes colectivos, concellos e a Asociación de Empresarios de Valdeorras, que teñen insistido na necesidade de que se melloren as prestacións do eixo que constitúe a estrada OU-533.

 

Moisés Blanco explicou na súa intervención que “a Xunta de Galicia realizou nos últimos anos actuacións de reforzo do firme na OU-533 por importe de máis de 1,3 millóns de euros, que tamén levaron aparelladas a actualización da sinalización vertical e horizontal á normativa vixente, o que implicou maior lonxitude da liña continua coa conseguinte limitación de adiantamentos e xiros”.

 

No debate desta iniciativa, o deputado popular explicou que “aceptar as propostas feitas por socialistas e BNG suporía rebaixar as nosas pretensións ao respecto do futuro desta importante estrada, que debería converterse nunha vía de alta capacidade que una as dúas autovías no momento que se acaden as cifras de tráfico adecuadas”.

Síguenos nas redes sociais