Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Feijóo subliña que o PP ten o proxecto máis sólido para España e que Sánchez acabará desexando un terceiro debate

23 Abr 2019

23, abril, 2019.O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, salientou que Pedro Sánchez, tras non querer ningún debate e verse forzado a que haxa dous, vai desexar que haxa un terceiro para intentar repoñerse do dano que se fixo a si mesmo na televisión. E é que, tal e como apuntou o líder dos populares galegos, “onte todos os españois recordamos por que Pedro Sánchez perdeu sempre as eleccións e por que tivo os peores resultados da historia do PSOE”.

Subliñou que os debates non van só de fotoxenia, asesores e márketing, senón de argumentos, equipos, proxecto sólido e de propostas, algo que o Partido Popular si demostra ter. Para Feijóo, canto máis se fale de economía, emprego, futuro e España, más perde Pedro Sánchez e máis gaña o PP. Así, destacou que, fronte a un Pablo Casado con argumentos e co proxecto máis sólido para o país, estaba Pablo Iglesias, esixindo ministerios a Pedro Sánchez; Albert Rivera, lanzando unha moeda ao aire antes de dar unha opinión ao azar; e Pedro Sánchez, “intentando que ninguén recorde que é Pedro Sánchez”.

 

O líder do PPdeG fixo fincapé no empeño de Sánchez por falar de Vox, xa que, ao igual que Ciudadanos, é a división do voto que tanto lle convén e porque oculta, ademais, a súa falta de ideas, proxecto e propostas: “Non pode falar de España en liberdade quen está en débeda e suxeito polos que están en contra dela”. “O seu obxectivo –engadiu- era que estivese VOX, pero quen estivo foi a maior parte dos socios cos que é presidente e cos que tratará de volver selo”.

 

Durante un mitin en Ferrol e no día no que o Goberno central firmaba con Navantia o contrato para a construción das fragatas F-110, Feijóo asegurou que, de telo sabido, “o mitin teríase celebrado hai dez meses”.

 

O PRESIDENTE QUE LLE CONVÉN A GALICIA

Feijóo sinalou que, mentres Pedro Sánchez é o candidato que prefiren populistas, nacionalistas e independentistas, Pablo Casado, ademais de ser o presidente que máis lle convén a Galicia, o é de aqueles que prefiren un goberno de España para todos, que respecte a convivencia, que estea libre de imposicións e que goberne. 

 

Incidiu, tamén, en que España non se pode permitir durante catro anos a frivolidade de Sánchez nin que Podemos faga e desfaga ao seu antollo nin ter que pagar as peaxes a nacionalistas e independentistas. Por iso, pediu o voto para o Partido Popular, porque é un valor seguro para a creación de emprego, o crecemento da economía, a responsabilidade, a xestión e a unidade de España; e para que haxa un goberno como o que prefire a maioría dos galegos: “O respecto, a cordialidade e a convivencia de Galicia é o que queremos para o resto de España”.

Síguenos nas redes sociais