Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Feijóo pide o apoio dos galegos que dubidan entre PP e C’s ou VOX para que o seu voto teña escano e sirva para formar outro Goberno

26 Abr 2019

26, abril, 2019. O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, pediu o apoio dos galegos que dubidan entre o Partido Popular e Ciudadanos ou VOX para que o seu voto teña escano e sirva así para formar outro Goberno, xa que, tal e como apuntou, os votos a estes partidos non rivalizan con Pedro Sánchez, ao contrario, benefícianlle.

Do mesmo xeito, pediu o voto a aqueles que a día de hoxe pensan en quedar na casa o domingo, porque, tal e como explicou, coa súa abstención estarán entregándolle un cheque en branco a un Goberno afastado dos seus intereses; e tamén o pediu “aos socialistas de sempre e de corazón”, porque, ademais de que a España lle irá mellor, recuperarán o seu partido, agora en mans do egocentrismo, o populismo, o nacionalismo e o independentismo.

 

O PP, ÚNICA VÍA PARA UNHA ESPAÑA MELLOR

Por iso, á hora de votar, Feijóo avogou por pensar no “verdadeiramente importante” como é o emprego, a economía, a sustentabilidade dos servizos públicos, as pensións ou no modelo de goberno que máis lle interesa a España e a Galicia: “Que pensen en que gobernos trouxeron os mellores resultados para España e se é mellor unha España xestionada como Galicia ou unha España xestionada como Cataluña”. Así, durante un almorzo en Lugo con apoderados e interventores, salientou que o Partido Popular é a única vía para acadar unha España mellor: máis unida, con máis fortaleza e cun proxecto político sólido; e porque, dixo, tamén quere o mellor para Galicia: “Canto máis voto dos galegos ao PP, haberá máis Galicia nas decisións do Goberno e máis decisiva será Galicia nas prioridades do Goberno”.

 

Así mesmo, o líder do PPdeG apelou á unión do voto no PP porque, tal e como sinalou, o aliado de Pedro Sánchez, ademais dos seus socios, é tamén a división do voto de centro e de dereita. Por iso, para Feijóo, votar ao Partido Popular é a única forma de impedir que o nacionalismo, o populismo e o independentismo estean no Goberno de España a través de Pedro Sánchez.

Síguenos nas redes sociais