Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O PPdeG salienta que a Xunta negocia cos sindicatos a creación de 548 novas prazas no servizo de extinción de incendios forestais e a ampliación da duración dos seus contratos

29 Abr 2019

Santiago, 29 de abril de 2019.- O portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, Moisés Blanco Paradelo, salientou hoxe que a Xunta “está a negociar cos sindicatos tanto o decreto que valora a experiencia dos traballadores que prestan os seus servizos en empresas públicas como Seaga, aos efectos da súa incorporación como persoal temporal ao servizo de loita contra os incendios forestais; como a ampliación da duración dos seus contratos ou a creación de 548 novas prazas para integrar todos os empregados do servizo de extinción de incendios no propio servizo”.

 

 

Moisés Blanco afirmou que o obxectivo é “contar cun persoal coa maior cualificación posible para loitar contra os lumes forestais, nun dispositivo público, único e versátil”. Neste sentido, asegurou que “non hai discriminación algunha entre os colectivos que queiran optar a esas prazas, porque os baremos son os legalmente establecidos para a incorporación de persoal á Xunta, contabilizando a súa experiencia acreditada en postos similares en empresas públicas ou noutras administracións, como os propios concellos”.

 

Así mesmo, respecto da duración dos contratos deste persoal, Blanco sinalou que a Xunta “trasladou recentemente aos sindicatos unha proposta de ampliación do tempo de traballo, que consiste en pasar de tres a seis meses de xeito progresivo ata 2020, é dicir, cinco meses neste mesmo ano e seis meses para o próximo”.

 

O portavoz popular subliñou que a Xunta ten previsto “crear 548 novas prazas para integrar a todos os empregados de extinción neste servizo público”. “A nova relación de postos de traballo xa está na man dos sindicatos desde hai varias semanas e o Goberno galego está aberto ao diálogo e á negociación desta proposta”, engadiu.

Síguenos nas redes sociais